ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: jueves, 14 de mayo
¡BUONE VISIONI!
A uns poucos meses da estrea nos cinemas de Nosferatu de Robert Eggers chega un “novo” achegamento á figura do vampiro creado polo escritor irlandés Bram Stoker: Drácula de Luc Besson. Nosferatu foi o nome que, por primeira vez, utilizou Friedrich Willhelm Murnau no 1922 para adaptar ao cinema o libro por non posuír os dereitos da novela. Eggers, que fascinouse co filme de Murnau con tan só 9 anos – e que con 17 xa o levou ao teatro –, quizais ofreceunos unha definitiva e moi lograda versión cinematográfica, despois de máis de 30 adaptacións. De feito o Nosferatu de Eggers é unha auténtica manifestación de amor gótico á película de Murnau así como ao texto orixinal no que se inspira.
Este último Drácula dirixido por Luc Besson está completamente fora destas coordinadas. Max Schreck, Bela Lugosi, Klaus Kinski, Frank Langella, Gary Oldman ou, recentemente Bill Skarsgård, son algún dos actores que interpretaron ao conde vampiro. Agora Caleb Landry Jones asume o rol do Principe Vlad II engadindo o sufrimento romántico ao personaxe pero sen aportar moito máis. Está a pantasma da interpretación que fixo Gary Oldman no Drácula de Francis Ford Coppola que o persigue como unha sombra. Pero non é o único elemento no que o filme se parece ao remake da película de Coppola. En boa parte da metraxe, Besson ten esta película como referente.
Os grandes decorados, o vestiario colorido, así como o xa citadas referencias constantes ao filme de Coppola, non axudan ao filme a ter personalidade propia. Aínda así, pódese apreciar o intento de Besson de humanizar o Conde Vlad II.
Os momentos máis interesantes do Drácula de Luc Besson son sen dúbida ao principio – sobre todo as escenas de batallas elegantemente filmadas - e nos relatos visuais dos recordos do Conde que aparecen ao longo da historia. O resto de Dráculo oscila entre o despropósito – as gárgolas animadas do castelo son só un exemplo - e o plaxio ao filme de Coppola. O humor fai a súa aparición de vez en cando e sería outro elemento novidoso na cinta pero non estamos no territorio da comedia de El baile de los vampiros (1967) de Roman Polaski. Finalmente Luc Besson parece tomarse o mundo dos vampiros tremendamente en serio.
Os grandes decorados, o vestiario colorido, así como o xa citadas referencias constantes ao filme de Coppola, non axudan ao filme a ter personalidade propia. Aínda así, pódese apreciar o intento de Besson de humanizar o Conde Vlad II. Algo parecido fixoo fixo recentemente Guillermo del Toro coa súa versión para Netflix do Frankenstein de Mary Shelley. De Toro intentou reenfocar a criatura como un personaxe marxinal e inadaptado, e centrando a historia sobre os sentimentos dos seus protagonistas.
Se miramos o filme de Besson sen grandes expectativas, sen ter visto o filme de Coppola nin o último de Eggers, a sua readaptación de Drácula podería resultar agradable, entretida. Pero a súa non será recordada como unha das mellores películas sobre o vampiro máis famoso do mundo. Tampouco pódese situar entre as máis destacables da filmografía do cineasta.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: jueves, 14 de mayo
ACTIVISTA IRANÍ
Los nobel exigen liberar a Narges Mohammadi
REAL DECRETO-LEY
Luz verde a un copago más progresivo de las medicinas
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: miércoles, 13 de mayo
Lo último
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Se publica el Diario de Ana Frank
VOTOS A FAVOR DE PP, VOX Y UPN
El Senado reprueba a Aagesen por su nula gestión del apagón
PROCESIÓN DE LAS ANTORCHAS
Ourense iluminó el paso de la Virgen de Fátima
Manuel Orío
RECORTES
Sobre la Guardia Civil