LA VIRGEN DE LA CUEVA
La borrasca Leonardo "inunda" de memes las redes sociales
AGRICULTURA
Na vila de Castro Caldelas, o tempo semella deter o seu paso para honrar unha tradición ancestral: a malla do centeo. Este labor, que se remonta a séculos atrás, volveu coller vida na pasada semana, reunindo a vecinos e traballadores municipais nun espectáculo de traballo e historia que se perpetúa no tempo cun claro obxectivo: manter viva a memoria e preparar todo o necesario para “Os Fachós”, a festividade que cada 19 de xaneiro ilumina a localidade co seu lume purificador.
Cada “fachón”, enorme facho de palla que recorre o pobo en honra a San Sebastián, nace dun ciclo anual que comeza coa sementa do centeo. No verán, a sega tráese baixo a calor intensa, e despois vén o acarreo ata que as “medas” de centeo descansan en espera da malla, separando o gran da palla.
Grazas ao esforzo conxunto dos veciños e do Concello, a malla mantense viva. En pleno século XXI, as mans caldelás non perden o contacto coa tradición: este labor faise como antano, de xeito artesanal. O rechouchío da máquina de mallar, movida a ritmo por mans expertas de quen revive o oficio, crea unha sinfonía de pasado e presente mentres a palla queda lista para gardar ata xaneiro.
A alcaldesa, Sara Inés Vega, expresou o seu agradecemento a todos os que fan posible que a malla e “Os Fachós” sigan a ser parte viva do lugar: “Estamos tremendamente agradecidos a todos os que colaboran e fan posible que sigamos desfrutando desta festa”, apunta.
Mentres as faíscas de enerxía e tradición se xuntan en cada paso, os caldelaos xa se preparan para o 19 de xaneiro, entre lusco e fusco, cando o lume dos fachós alumeará a escuridade, mantendo aceso o vínculo coa súa historia guiados polo lume do gran Fachón.
O traballo foi gravado unha vez máis para documentar un proceso que se quere preservar para as xeracións vindeiras, gravar o presente para gardar o pasado. Este rexistro será unha peza central no “Museo dos Fachós”, en proceso de creación nunha das salas de exposicións do castelo de Castro Caldelas. Ademais, a malla deste ano foi filmada como parte dun proxecto máis amplo sobre festas e traballos tradicionais e do pasado, para dar a coñecer o valor cultural de cada unha destas ‘expresións’ únicas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LA VIRGEN DE LA CUEVA
La borrasca Leonardo "inunda" de memes las redes sociales
PROTECCIÓN A LOS MENORES
Prohibir las redes sociales a menores de 16 en España: lo que falta por saber
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: jueves, 5 de febrero
Lo último