Pedro Feijoo: “Romasanta é unha parte da nosa cultura, da nosa memoria e do noso patrimonio”

ENTREVISTA

O escritor vigués, Pedro Feijoo, presenta a súa nova novela, “Onde nacen as bestas”

Pedro Feijoo durante a entrevista.
Pedro Feijoo durante a entrevista. | LA REGIÓN

Pedro Feijoo (Vigo, 1975) regresa á actualidade literaria con “Onde nacen as bestas”, a seu noveno título con Xerais, que tamén sae en castelán con La Trama.

Pregunta.Vén de abordar a corrupción política en “Ninguén nunca contará a verdade” (Premio Xerais 2024) e pasa a historia do primeiro asasino en serie de Galicia.

Respuesta.E o primeiro de España. Con Romasanta empeza a historia negra dos asasinos en serie en España. Para que logo digan que me repito, saltando aquí dunha cousa á outra. Se non, non quedaba tranquilo.

P.E o primeiro de España. Con Romasanta empeza a historia negra dos asasinos en serie en España. Para que logo digan que me repito, saltando aquí dunha cousa á outra. Se non, non quedaba tranquilo.

R.E o primeiro de España. Con Romasanta empeza a historia negra dos asasinos en serie en España. Para que logo digan que me repito, saltando aquí dunha cousa á outra. Se non, non quedaba tranquilo.

P.Foi meterse na mente do asasino?

R.Supoño que ese é o prezo que hai que pagar. Se o lector vaime dar o seu tempo, vaise meter nesta viaxe, se me vai acompañar, eu teño a responsabilidade de saber de que falo cando falo de matar. Teño que meterme na historia a fondo, logo hai noites nas que non se durme ben.

P.Por que Romasanta?

R.Coñecía a historia, a de Romasanta, o Lobishome e esas cousas. Pero sabía que había máis, é desas historias que teñen moitos matices. Deixeina aí como outra máis das moitas que temos no país. Foi nunha conversa con miña editora en Barcelona cando ela sacou o tema. Dixo que lera algo sobre un personaxe que sería moi interesante, que sería estupendo para ti. Quedei cavilando en que estaría a pensar, co riquiño que son eu!! (risas). Dinlle unha volta e empezou a chamarme a atención, igual é unha estación na que paga a pena parar. Todos sabemos que os lobishomes non existen, entón, por que Romasanta emprega ese recurso? Foi cando me asomei dentro de auténtico Romasanta, atopei un personaxe riquísimo.

P.Para a localización escolleu Rebordechao, perto de Verín. Por que se Romasanta naceu en Esgos?

R.Por cuestións de calendario editorial, que é feroz, tiña moi pouco tempo. Era unha moi boa oportunidade, pero había que collela nese momento para saír agora, aínda que a min, que traballo con outro ritmo máis pausado, gustaba de facer as cousas con máis calma. Esta vez non tiña espazo para iso, pero se te vou contar ben a historia e te vou pedir que veñas comigo o lugar onde sucedeu realmente os feitos, primeiro teño que coñecer ao milímetro ese lugar. Escollín Rebordechao, porque pese a ter nacido en Esgos e ser coñecido como o lobo de Allariz, do primeiro marchou sendo moi novo e o segundo levárono para xulgalo porque Verín estaba saturado. Pero onde sucedeu todo foi en Rebordechao. Viviu alí na década dos 40, do século XIX e alí foi onde matou.

P.De feito comenta que o que agora é unha aldea perdida foi no seu tempo un lugar estratéxico de paso.

R.Xusto. É que Romasanta, que tiña este oficio de quincalleiro, chega a esa zona fuxindo desde León, onde matou a súa primeira vítima. Rebordechao é perfecto, porque un lugar que naquel momento era unha aldea con moita máis vida e morte. Semella un lugar moi apartado, pero en realidade está moi preto das pistas que conectan o macizo central ourensán, o sur de Chandrexa, o oeste do Invernadoiro, e aí abaixo o sur o Val do Limia. Todas as pistas que conectan comercialmente o norte de Portugal con Ourense, que segue en cara a Lugo, e logo a cara ao Cantábrico.

P.Nesta novela, ás fragas galegas envoltas en brétema pouco lle teñen que envexar as paisaxes nórdicas como escenario de crimes.

R.Son marabillosas. Cheguei a Rebordechao buscando iso, documentarme, empaparme ben da historia, pero os primeiros días era dificilísimo. Se Stendhal se asomará aquí e non en Notre Damme, xa non saía. É un lugar incrible, rodeado por toda a coroa de cumios da Serra de San Mamede. Está a mil metros de altura, pero inmediatamente despois está toda esa coroa que son case 1650 metros de altura cun montón de saltos de auga.

P.Tan incrible que parece que o adoptou como aldea.

R.Igual parece unha chorrada, pero digo de corazón, eu fun alí buscando unha historia, e volvín coa sensación de atopar un lugar no que sentirme ben.

P.Pois xa é un vigués ao 100%, con aldea e amais en Ourense.

R.Por fin! Lembro cando era un rapaz, eu crecín en Canido e ía ao colexio Ría de Vigo. Nos anos 80, cando chegaba o fin de semana, tódolos meus compañeiros de clase desaparecían. Todos dicían o mesmo, non estamos porque marchamos á aldea. Eu pensaba debe ser grandísima, eu tamén quería ir. Agora xa teño aldea.

P.Un dos motivos polos que se fai tan aditiva, é que na novela non se soluciona nada ata o final, nun ritmo frenético.

R.Non che son nada de fiar. Creo que a literatura ten que contar o mundo, é unha vía fantástica para axudar a entender e interpretar o mundo. Pero tamén ten que ser entretido. Para min é unha relixión. Ante todo teño que entreterte. Voume deixar literalmente os ollos para amarrarte desde a primeirísima páxina e non soltarte ata a última. Pode ser que por debaixo da mesa estou contando toda esta historia , pero quero que ao lector lle apeteza chegar á casa, porse cómodo, coller o libro e seguir lendo ou non querer seguir lendo porque xa se está acabando.

P.Cun Premio Xerais e xa nove novelas no seu haber. Que queda daquel músico que comezou a escribir case por casualidade unha historia de Vigo?

R.Debeu ser moi divertido, xa case non o lembro. Non creo que haxa moito cambio tampouco, é verdade que teño moito que agradecer, pasaron cousas moi boas, coñecín xente estupenda e fomos facendo camiño con moitas alegrías.

Contenido patrocinado

stats