FENÓMENOS ASTRONÓMICOS
Así se vio la “Luna de Sangre” que tiñó esta madrugada el cielo
ADESTRADOR PERSOAL
Este vindeiro luns, 10 de novembro, a Televisión de Galicia abre un novo capítulo na súa programación matinal coa estrea de “Pulso Activo”, un programa de La Región TV. O novo espazo, que se emitirá de luns a venres ás 11,00 horas da mañá, supón unha decidida aposta da canle pública por converterse no “adestrador persoal na casa do espectador”, ofrecendo unha sesión diaria de exercicio físico adaptado e seguro durante uns 20 minutos.
Conducido polo adestrador personal e ex concursante de Gran Hermano, Eddy Insua, o programa nace co obxectivo fundamental de mellorar a saúde e a calidade de vida dos galegos, especialmente daquel sector da poboación máis sedentaria ou con condicións físicas específicas que precisan movimentos de baixo impacto ou adaptados.
“Pulso Activo” preséntase como “moito máis ca fitness”, erixíndose como un servizo público, de acompañamento e saúde en pantalla. Trátase dun formato inclusivo, accesible e próximo, que busca promover hábitos saudables e que converte a TVG no mellor aliado para coidar corpo e mente cada día.
O presentador, Eddy Insua, que se une ao proxecto grazas á súa formación e cualificacións deportivas, recoñece que o programa está orientado a un público moi concreto. “Pulso Activo ten como obxectivo animar ás persoas que están na casa, especialmente ás que son máis sedentarias e non teñen moito tempo para facer exercicio, a adoptar pequenos hábitos que poidan incorporar á súa vida diaria para mellorar os seus corpos e a súa saúde”, explica.
A idea non é acadar un rendemento de alta competición, senón establecer unha rutina de movemento que garanta o benestar. “Non se trata de facernos converter en tanques, senón de facernos mover un pouco, promovendo a importancia do movemento. Son pequenos hábitos que nos facilitarán a vida”. O desafío é que o público incorpore uns 20 minutos de exercicio sen sentir que están sometidos a un esforzo de alta competición.
O formato de “Pulso Activo” está pensado para que cada espectador se sinta identificado e partícipe do que está vendo na pantalla. Cada episodio segue ao adestrador que guía unha clase con catro participantes habituais, convertidos en auténticos espellos da audiencia. A través destas catro historias, o programa mostrará como un mesmo adestramento se pode adaptar a distintas necesidades, combinando exercicio, aprendizaxe e interaccións humanas.
O programa non só se enfoca no físico, senón tamén na poderosa recompensa mental e emocional do exercicio. Insua recoñece que o principio pode ser duro, pero o resultado é altamente gratificante.
“Queremos que o público quede a sensación de satisfacción que deixa o exercicio, esa satisfacción que che queda no corpo, non hai cartos que a paguen. Todo o estrés desaparece durante uns minutos”, comenta Insua, subliñando que ao liberar endorfinas e serotonina, o benestar é inmediato.
O obxectivo final do proxecto vai máis alá da hora de emisión en directo. Pulso Activo busca instalar un hábito duradeiro na audiencia, facendo que o exercicio se incorpore de forma natural ás súas vidas. Insua agarda que, despois duns días, a xente sinta a falta do exercicio: “Queremos que cando chegue ese fin de semana a xente de menos, que sinta esas ganas de facer exercicio. Entón estarán desexando que chegue ese luns para poder dicir que van facer exercicio”. O programa busca, por tanto, fomentar o movemento máis alá do estudo de televisión.
Pulso Activo é a nova estratexia da TVG para reforzar o seu compromiso co servizo público. Un espazo que se estrea coa intención de converterse nunha cita ineludible para coidar a saúde e comezar o día cun pulso activo. A cita coa saúde e o movemento é o vindeiro luns 10 de novembro, ás 11:00 da mañá.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FENÓMENOS ASTRONÓMICOS
Así se vio la “Luna de Sangre” que tiñó esta madrugada el cielo
SATURACIÓN DIGITAL
Los adolescentes ponen más límites a las redes sociales
MÁS DE 100.000 VISITANTES
El Mobile World Congress (MWC) arranca con la mira en las tendencias del futuro
Lo último