CORRECIÓN DE ERRORES
Apple lanza una nueva actualización de su sistema iOS y la cataloga de obligatoria
SOCIEDAD
A música que se escoitaba en Galicia na segunda metade do século XX, dos anos 50 ata os 80, e aspectos da sociedade neses momentos son o fío argumental da serie documental "Naqueles tempos" dirixida por Suso Iglesias e comentada por dous personaxes carismáticos da TVG, Helena Soto e Moncho Lemos. Unha producción de 14 episodios dunha hora de duración que se emiten cada martes arredor das doce da noite.
"Cada programa é temático e atende un estilo, basándonos na música de cada momento sérvenos pra falar doutras cosas", asegura o director do espazo, Suso Iglesias, para quen "a música ten poder de vocación e xenera recordos, vai relacionada cos fenómenos de cada momento xa que sempre hai xente nova facendo música".
Iglesias, que ten unha ampla experiencia en programas da TVG, no que a música sempre tivo gran importancia, dende aquel clásico "Radio Onte" que presentaba Nonito Pereira, ata o "Xabarín Club", do que saíron moitos grupos que lograron triunfar, adicou ano e medio a confeccionar este programa nun gran esforzo didáctico. "O esforzo a veces non é tanto de producción senón de síntese. Principalmente era encontrar un argumento para xuntar toda a ducumentación. Non é o ánimo de contalo todo, senón unha reflexión sobre o pasado da xente que o vivíu", asegura o director.
Para moitos espectadores, principalmente polo horario en que se emite, poden chegar a conclusión de que se trata dun producto minoritario e cultural, un risco que Suso Iglesias asume, pero asegura que "no aspecto persoal apetecíame facelo. Cousas do oficio. Teño que agradecerllo á xente que me dixou facelo". E remarca: "Non é minoritario nin cultural".
A nostalxia e os recordos están moi presentes en toda esta serie de programas, aínda que pode ser moi interesante tamén para a xente que non vivíu esa época, atopándose con outra visión da nosa historia como pobo que non coñecían. Por elo pretendeu "darlle un envoltorio de crónica sin abusar da nostalxia, combinando a búsqueda da emoción co humor e información" para facela amena. "Estás contando algo que leva ós recordos. Vas mezclando todo pero dende un punto de vista irónico no que non eres ortodoxo para que se enriqueza a variedade", reflexiona Suso Iglesisas.
"Vivir para contalo"
Tódolos episodios ten o mesmo cariño para o director, pero do que se emite esta noite, "Vivir para contalo", séntese especialmente satisifeito porque, asegura, "conta as experiencias de xente que traballou a contracorrente, personaxes esquecidos". O espazo ábrese coas reflexións do poeta Carlos Oroza, falecido recentemente, o que segue un dos seus discípulos, o verinense Jaime Noguerol, que conta as súas experiencias polo Madrid underground cando lle facía letras a Burning, Luz Casal ou Miguel Ríos, ademáis de aspectos inéditos da súa vida, con aventuras "raiotas".
Yosi Domínguez, do grupo musical ourensán "Los Suaves", foi outro destes personaxes que os americanos denominan "outsiders", persoas que viven á marxe e tratan de ir máis alá, por liderar un grupo de rock duro nun sitio coma Ourense. Tamén o músico vigués Cuchús Pimentel, procedente do jazz e o rock que chegou a convertirse nun gran guitarrista de flamenco, "ó que lle persegue a maldición de que fai un galego tocando flamenco", asegura Iglesias, sou outros exemplos de personaxes esquecidos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CORRECIÓN DE ERRORES
Apple lanza una nueva actualización de su sistema iOS y la cataloga de obligatoria
CAMBIAR EL DÉCIMO POR EL PREMIO
¿Cómo cobrar los premios de la Lotería de Navidad y qué hacer si he perdido mi décimo participación?
Lo último
1.200 INSCRITOS
Gran participación en la Carrera del Turrón de O Barco
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Nueve implicados en un accidente múltiple en As Neves
sudeste asiático
Tailandia y Camboya retomarán el miércoles las conversaciones de paz