Unha decena de grupos encheron Trasmiras de música e troula
Festival Lumeada
A Escola de Música de Trasmiras vén de celebrar a segunda edición do Festival Lumeada
A Escola de Música de Trasmiras vén de celebrar a segunda edición do Festival Lumeada, un evento que segundo explica o alcalde, Emilio Pazos, “busca promover e cultivar a tradición musical que tivemos sempre en Trasmiras”. Neste concello da Limia o gusto pola música vén de vello, segundo explica o alcalde, e durante moitos anos “case en cada casa había un músico e non queremos deixar morrer esta tradición”.
Por iso dende a Escola de Música comezaron a organizar esta xuntanza, que reúne a músicos que gustan de compartir unha xornada que non só promove a música, senón a convivencia, xa que “podes ver o avó, o pai e o fillo tocando xuntos”. Este evento é o remate da actividade de todo o ano da escola, que naceu grazas “as inquedanzas de tódolos nenos e nenas” que no seu día a formaron, explicou Pazos. “Para nós é un orgullo continuar con esta parte da nosa cultura”.
O evento comezou a media tarde, cando xa se comezaron a escoitar as primeiras notas e compases, e é que máis dunha decena de grupos asistiron a esta cita, polo que o tempo apremaba. Achegáronse grupos de toda a comarca e fóra dela. Non so grupos de musica instrumental, senón tamén grupos de música vocal participaron no evento. Segundo explicou Pazos, “o mellor é a foliada na que se mesturan os músicos entre eles”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
"DEBERES FEITOS"
Polémica en Trasmiras al no pedir ayuda por daños
CONGRESO DE LOS DIPUTADOS
El alcalde de Trasmiras ve “deslealdade” con el cuartel
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE PRIMAVERA
Los kikos o el mal gusto de Inés
POLÉMICA FIESTA
Sortean entradas para el tardeo en el jardín de As Burgas