MEDIO RURAL
Tres novos pasteiros en Chandrexa e Manzaneda
NADAL
A familia máis querida polos nenos galegos, os Bolechas, fixeron unha parada moi especial no pavillón multiusos de Celeiros, no concello de Chandrexa de Queixa. Carlos, Pili, Loli, Braulio, Sonia e Tatá, xunto co seu inseparable can Chispa, protagonizaron unha tarde chea de diversión para os máis pequenos, enchendo o recinto de risas e entusiasmo.
O evento, que comezou ás 17,00 horas deste xoves, foi organizado no marco do programa FalaRedes, unha iniciativa promovida para fomentar o uso da lingua galega no lecer infantil. Esta actividade foi posible grazas á colaboración conxunta entre os concellos de Chandrexa de Queixa e Manzaneda, que traballaron man a man para garantir o éxito desta xornada lúdica, solicitando esta actividade para os dous municipios.
Os nenos de Manzaneda desplazáronse ata o pavillón de Celeiros nun minibús, preparados para compartir coa veciñanza unha tarde inesquecible.
A actuación dos Bolechas foi o punto de partida, enchendo o espazo de música, xogos e historias que engancharon a cativos e maiores.
Despois do espectáculo, a festa continuou cunha tarde de inchables que fixo as delicias dos asistentes. Para rematar con broche de ouro, unha chocolatada compartida axudou a repoñer forzas e deixou un doce sabor de boca nesta celebración comunitaria.
Desde ambos concellos destacaron o éxito da convocatoria e agradeceron a participación de todas as familias, subliñando a importancia de actividades como esta para reforzar a convivencia entre os concellos veciños e promover o uso do galego entre as novas xeracións.
Os sorrisos dos pequenos foron a mellor mostra de que os Bolechas cumpriron unha vez máis a súa misión: facer felices aos cativos mentres reforzan o uso da lingua galega.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MEDIO RURAL
Tres novos pasteiros en Chandrexa e Manzaneda
"PECADOS CAPITAIS"
Un teatro local cheo de talento fixo vibrar Trives
AUDITORIO JULIO VÁZQUEZ
Galería | Éxito rotundo en Trives con el estreno teatral de "Pecados capitais" de A Caniceira
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
CASA DE BAÑOS
La okupación en Ourense que el Concello no ve
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA
Ourense cubre sus seis plazas vacantes en la repesca MIR