DO 9 AO 12 DE ABRIL
Convivencia do ecosistema emprendedor galego en Manzaneda e San Xoán de Río
ASOCIACIÓN DE MULLERES
A Asociación de Mulleres de Queixa lanzou por primeira vez o “Concurso de decoración de Nadal”, unha iniciativa aberta a toda a veciñanza, comercios e colectivos do concello de Chandrexa de Queixa. A recén creada asociación estréase coas actividades de Nadal. O obxectivo, segundo explican, é fomentar a creatividade e o espírito festivo durante estas datas, animando á participación de todos os pobos do municipio.
O concurso permitirá total liberdade temática e creativa aos participantes, que poderán empregar calquera tipo de materiais e elementos para elaborar as súas decoracións. O prazo de participación xa está aberto e as fotografías das creacións deberán enviarse entre o 15 de decembro e o 6 de xaneiro a través de correo electrónico, whatsapp ou mediante mensaxe nas redes sociais da asociación.
A persoa gañadora será elixida a través do sistema de votacións na páxina de facebook da Asociación Mulleres De Queixa, de xeito que a foto que acumule máis votos será anunciada o 6 de xaneiro, coincidindo co día de Reis, e recibirá como premio un xamón. As organizadoras agradecen a colaboración dos veciños e lembran que ao enviar as fotografías, os participantes autorizan a súa publicación nas redes sociais da asociación. Engaden tamén que esta iniciativa busca dinamizar o Nadal en Chandrexa, promovendo o engalanamento dos fogares e espazos públicos durante estas datas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DO 9 AO 12 DE ABRIL
Convivencia do ecosistema emprendedor galego en Manzaneda e San Xoán de Río
PRIMERA VEZ EN MÁS DE 100 AÑOS
Reservas en Trives y Valdeorras con un año de antelación para ver el eclipse del 12 de agosto
IES XERMÁN ANCOCHEA
Alumnos triveses foron arqueólogos por un día
Lo último