NUEVAS ESTRUCTURAS
El poblado galaico-romano de Mouruás sale, tras siglos, a la luz
A LIII Festa da Bica de Trives, declarada Festa de Interese Turístico, arranca hoxe cun programa que combina gastronomía, música, artesanía e tradición. A gran novidade desta LIII edición será o xeado de bica de Trives, unha creación elaborada pola empresa ourensá La Central Heladera a partir dunha iniciativa do Concello. O novo produto, elaborado con auténtica Bica de Trives e presentado en formato monodose, permitirá degustar o doce máis representativo da vila nunha versión innovadora.
Debido ás previsións meteorolóxicas adversas, o Concello decidiu trasladar o tradicional xantar popular da Praza do Reloxo ao CEIP Manuel Bermúdez Couso, mantendo sen cambios o horario e o resto da programación.
O éxito da convocatoria chegou ao esgotamento das entradas para o xantar. Segundo destacou o Concello, “malia ter ampliado o aforo respecto da edición anterior, as entradas volveron esgotarse en tempo récord”, unha resposta que atribúe ao “interese, o agarimo e as gañas de compartir unha xornada de comunidade arredor da gran protagonista da nosa terra: a Bica de Trives”. A programación continuará durante toda a fin de semana con actuacións musicais, entre elas a de Skadelos, hoxe sábado, e Luar na Lubre, mañá domingo, ademais da II Mostra de Palilleiras e da tradicional andaina á Cabeza Grande.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
NUEVAS ESTRUCTURAS
El poblado galaico-romano de Mouruás sale, tras siglos, a la luz
1,4 MILLONES
El GDR Sil-Bibei-Navea impulsará 36 iniciativas
DEL 6 AL 8 DE OCTUBRE
Cita con las setas en Trives
TRADICIÓN Y FÉ
Música y devoción en el Rosario de As Ermidas, en O Bolo
Lo último
UN CAFÉ SOLO
¿Y si tocamos?
ORGANIZA LAS ASIGNATURAS
El rués Isaac García Novoa crea una app para saber con qué nota aprobar
CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
J. Santa Marina, tabaco, azucre e un tren
SEGUNDA FEDERACIÓN
Buen punto del Ourense CF ante el Bergantiños (1-1)