"PECADOS CAPITAIS"
Un teatro local cheo de talento fixo vibrar Trives
TRIVES
Durante os días 8 e 9 de maio, Trives converteuse no epicentro do coñecemento coa celebración do VII Congreso Científico da Montaña. Un total de once centros educativos das provincias de Lugo e Ourense reuniron a uns 250 alumnos e alumnas que compartiron os seus proxectos, experiencias e inquedanzas nun encontro que mesturou ciencia, convivencia e ilusión.
A cita, adiada por mor dun apagón a finais de abril, desenvolveuse no CEIP Manuel Bermúdez Couso e no IES Xermán Ancochea Quevedo. Os estudantes de primaria presentaron os seus traballos nun formato de feira da ciencia, mentres que os de secundaria fixeron exposicións breves no instituto. Ademais, o programa incluíu obradoiros do CSIC, espectáculos científicos, xogos, ceas conxuntas e unha xornada final na Estación de Montaña de Manzaneda.
O congreso, que cumpre sete edicións, é unha iniciativa conxunta dos centros participantes, que cada ano escollen sede e reparten as tarefas organizativas. Este ano, Trives asumiu o reto con éxito, consolidando un espazo de aprendizaxe colectiva e aposta polo futuro do rural.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
"PECADOS CAPITAIS"
Un teatro local cheo de talento fixo vibrar Trives
AUDITORIO JULIO VÁZQUEZ
Galería | Éxito rotundo en Trives con el estreno teatral de "Pecados capitais" de A Caniceira
MANUEL BERMÚDEZ COUSO
La percusión tradicional entra en las aulas trivesas
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: sábado, 20 de junio
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este sábado, 20 de junio