Merelles destaca o incremento de visitantes na Ribeira Sacra en 2024
PARADA DE SIL
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, visitou a nova oficina de turismo de Parada de Sil, remodeladas grazas á achega da Xunta de Galicia
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, visitou este venres a nova oficina de turismo de Parada de Sil situada nas dependencias municipais remodeladas no último ano grazas a unha achega de Turismo de Galicia de 50.000 euros que cubriu case a totalidade da actuación, en total 50.287,82 euros.
Durante a súa visita ás instalacións, Xosé Merelles puxo en valor este tipo de servizos así como o persoal que os atenden e que contribúen a que a actividade turística sexa cada vez máis importante para o desenvolvemento económico do territorio.
Así, referiuse aos últimos feitos públicos esta mesma mañá polo Instituto Nacional de Estatística (INE) que falan de que a Ribeira Sacra foi visitada en 2024 por 161.440 viaxeiros, supoñendo un incremento de case o 21% con respecto a 2023.
Ademais, o director de Turismo de Galicia salientou incremento do 45,1% de viaxeiros internacionais que visitaron este destino o pasado ano e subliñou que “o segmento hoteleiro da Ribeira Sacra rexistrou máis de 305 mil noites, cifra que se sitúa como máximo da serie histórica”. Isto fixo que a rendibilidade hoteleira medrase nesta zona o 12% en 2024. En total, Galicia recibiu a visita de 8 millóns de viaxeiros en 2024.
Oficina de turismo
A obra realizada nas antigas dependencias municipais destinadas a arquivo permite ofrecer unha atención máis eficiente aos visitantes que chegan a esta zona da Ribeira Sacra, un destino en crecemento que destaca polo seu patrimonio natural e cultural.
Durante a visita ás instalacións, Xosé Merelles felicitou ao alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, polo esforzo que está a facer este concello pola promoción turística da zona. Parada de Sil é o único concello ourensán pertencente á Rede de Destinos Turísticos Intelixentes que posúe, ademais, o distintivo Q de Calidade Turística.
Este Concello impulsou esta actuación como parte da súa estratexia para reforzar o sector turístico local e leva anos promovendo a sostibilidade coa posta en marcha dun servizo de autobús lanzadeira cara ao Mosteiro de Santa Cristina.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DO 9 AO 12 DE ABRIL
Convivencia do ecosistema emprendedor galego en Manzaneda e San Xoán de Río
PRIMERA VEZ EN MÁS DE 100 AÑOS
Reservas en Trives y Valdeorras con un año de antelación para ver el eclipse del 12 de agosto
Lo último
BALONCESTO FEMENINO
El primer brindis de Suso Garrido por el Ensino
PROGRAMA SEMANA SANTA
Magia, religión y cultura en la Semana Santa de Ribadavia