DEL 6 AL 8 DE OCTUBRE
Cita con las setas en Trives
Montederramo continúa coa súa aposta polo desenvolvemento local, tal e como manifestou o seu alcalde, Óscar Diéguez, e segue avanzando na mellora das súas infraestruturas viarias.
Esta pasada semana rematou a obra que se estaba levando a cabo, de limpeza e mellora da estrada que une Vilariño Frío con Vigueira de Abaixo, mediante dobre rego asfáltico, tamén se contemplou o acondicionamento dos bordes da calzada.
Esta actuación, enmarcada dentro do Plan Marco da Xunta de Galicia para o ano 2024, supuxo un investimento de 46.000 euros, IVE incluído, e abarcou unha lonxitude aproximada de dous quilómetros de estrada.
Ademais desta “importante intervención” para o Concello, varias localidades de Montederramo tamén viron rematadas as súas obras de mellora e pavimentación nos últimos días. Entre eles, destaca o caso de Currás, onde o novo pavimento xa está totalmente rematado.
Estes traballos na rede viaria municipal, sinala Óscar Diéguez que non só melloran a conectividade entre núcleos de poboación, senón que contribúe á seguridade e comodidade de veciños e visitantes, demostrando o esforzo continuo do municipio por manter e modernizar as súas infraestruturas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DEL 6 AL 8 DE OCTUBRE
Cita con las setas en Trives
TRADICIÓN Y FÉ
Música y devoción en el Rosario de As Ermidas, en O Bolo
COMIENZO DEL OTOÑO
La berrea otoñal acumula visitas en la comarca de Trives
BRAMIDOS QUE MARCAN ESTACIONES
Galería | Así suena el otoño en Ourense: la berrea llena de sonidos las montañas
Lo último