MANUEL BERMÚDEZ COUSO
La percusión tradicional entra en las aulas trivesas
UNHA DÉCADA DE TRADICIÓN
O local da Asociación Cultural A Caniceira encheuse de ilusión na mañá do domingo 4 de xaneiro en Trives, onde os máis pequenos volveron atoparse cun vello coñecido do Nadal galego: o Pandigueiro. A asociación volveu cumprir coa tradición que leva mantendo desde hai máis dunha década, achegando aos cativos triveses as aventuras desta figura ancestral a través dun contacontos que cada ano esperta expectación e sorrisos.
Nesta ocasión, a historia deu un paso máis alá. Sen perder a esencia do Pandigueiro de sempre, o relato apostou por unha mirada máis moderna e imaxinativa, na que o protagonista compartiu escena con personaxes doutros universos do Nadal, como un rei mago, a dona de Papá Noel e un par de elfos. Un encontro inesperado que sorprendeu tanto aos nenos como ao público adulto.
O momento máis impactante da tarde chegou cando, sobre o escenario, aterrizou un Pandigueiro moderno nunha nave espacial chea de luces, unha posta en escena que combinou tradición e futurismo, e que provocou exclamacións de sorpresa entre os asistentes. Un xiro visual e narrativo que conseguiu captar a atención dos máis pequenos sen afastarse da historia orixinal.
Desde A Caniceira explicaron que, a pesar dos matices modernistas, a base do conto mantívose fiel á verdadeira tradición do Pandigueiro. A narración tamén serviu para lanzar unha mensaxe de concienciación, facendo referencia aos incendios que danaron os montes onde vive o personaxe. Por este motivo, este ano o Pandigueiro non puido repartir castañas, que foron substituídas por boliñas de luz, pequenas “castañas máxicas” cargadas de simbolismo: non serven para comer, pero si para lembrar a importancia de coidar a natureza.
Unha vez máis, A Caniceira demostrou que as tradicións poden evolucionar sen perder a súa alma, facendo do Pandigueiro unha figura viva, capaz de adaptarse aos tempos actuais.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MANUEL BERMÚDEZ COUSO
La percusión tradicional entra en las aulas trivesas
CONGRESO CIENTÍFICO DA MONTAÑA
Entre probetas y sacos de dormir, del Ourense oriental a Lugo
Lo último
GALICIA, EN NIVELES EXTREMOS
Ourense roza la máxima de calor y marca la mínima del temperatura en Galicia
Nuevas herramientas
Los emprendedores apuestan por la inteligencia artificial en Baños de Molgas