O Plan de pastos prevé investir ata 9,5 millóns en Ourense
O conselleiro do Medio Rural, José González, supervisou os traballos silvopastorís levados a cabo no monte veciñal en man común dos Montes e Os Campos, sito en Montederramo. Alí destacou que esta actuación, enmarcada no Plan de pastos de Galicia, é clave na prevención de incendios forestais, á vez que fomenta a gandaría en extensivo de Galicia.
O titular de Medio Rural lembrou que o Plan de pastos prevé actuar nunha superficie de 2.250 hectáreas en toda Galicia, o que suporá un investimento de 9,5 millóns de euros.
No caso de Ourense, executáronse pastos en 15 concellos que supuxeron o acondicionamento de 355 hectáreas. Un destes pasteiros foi o de Montederramo, que supuxo o acondicionamento dunha superficie de 22 hectáreas do monte propiedade dos veciños de Pena de Outeiro e Santiago de Medorra. Nestas actuacións, investiuse un orzamento de case 142.000 euros e os traballos consistiron na implantación do pasteiro tras a roza e sementado, na colocación de peches perimetrais en 3.120 metros, a captación e condución de auga e a colocación dun bebedeiro para o gando vacún.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GASTRONOMÍA Y NATURALEZA
Programa y actividades de Rebrota Silvina
AGRADECIDO POR LA ALCALDESA
Un particular dona un camión para que Trives se refuerce contra el fuego
Lo último
ARRANCA LA TEMPORADA
El Balonmano Ribeiro alza el telón
FALLO EN LAS LÍNEAS DE TRANSMISIÓN
Cuba sufre un nuevo apagón total de su sistema eléctrico, el octavo en el 2026