MEDIO RURAL
Tres novos pasteiros en Chandrexa e Manzaneda
En San Xoán de Río, como nos últimos anos, a comisión de festas elixiú a un veciño dos de maior idade e cunha vida activa no concello para que fixera o pregón.
Na tarde noite do venres chegaba o momento de dar comenzo aos festexos do San Xoán coas palabras de Luis Fernández, que estivo acompañado polas súas netas, Alba e Lucía Rodríguez. Desde o escenario deu un emotivo pregón, no que agradecía á comisión de festas e a asociación Río Mola haber pensado nel.
Un emocionado Fernández engadía: “Son unhas festas moi queridas por min e por todos os que somos deste pobo. Eu celebreinas ata o de agora, durante os meus 93 anos, bastantes máis das que celebrastes os que estades aquí”.
O pregón remataba cun sonoro aplauso dos veciños e familiares desde o campo da festa, e recibindo da man do alcalde Xosé Miguel Pérez Blecua, un agasallo, unha lámpada con forma de autobús en homenaxe ao seu traballo durante moitos anos no transporte escolar e servizos de liña da comarca na coñecida Empresa Trives.
Cos festexos inaugurados, o campo da festa enchíase de veciños para gozar dunha pancetada para os asistentes, e tampouco faltou a música.
Onte sábado foi o día grande das festas coa “Nosa Verbena” organizada por Estrella Galicia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MEDIO RURAL
Tres novos pasteiros en Chandrexa e Manzaneda
"PECADOS CAPITAIS"
Un teatro local cheo de talento fixo vibrar Trives
AUDITORIO JULIO VÁZQUEZ
Galería | Éxito rotundo en Trives con el estreno teatral de "Pecados capitais" de A Caniceira
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
LUCHA POR RECONTRUIR
Barro en las calles de Viana, recuerdos bajo tierra y una normalidad aún lejana
nueva economía
La IA abre una nueva carrera por financiar centros de datos
DAÑOS SUFICIENTES
El alcalde de Viana confía en que se declare Zona de Emergencia