DO 9 AO 12 DE ABRIL
Convivencia do ecosistema emprendedor galego en Manzaneda e San Xoán de Río
Os monumentos naturais son aqueles espazos que destacan por ser formacións con una diferenciadora singularidade ou beleza. Galicia conta con oito monumentos naturais e o Souto de Rozavales, no concello de Manzaneda, está entre eles, destacando o seu castiñeiro de Pombariños.
A Xunta prevé que ao remate do 2023 cada un destes monumentos teña o seu propio plan de xestión o cal lle permita facer un seguimento axeitado de cada un dos espazos naturais a protexer, tomando as correctas medidas de planificación, asegurando o seu mantemento e conservación, segundo explican desde a Consellería. Engaden que se limitará, con carácter xeral, a explotación dos recursos, agás cando sexa plenamente coherente coa súa conservación.
O Consello autorizou á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda o comenzo do Plan da Costa de Dexo, sendo este “o cuarto monumento natural en dotarse deste instrumento”. A Praia das Catedrais, o Souto da Retorta e a Fraga de Catasós xa contan cun plan de xestión, e agora autorízase a tramitación do da Costa de Dexo, coa previsión de que a finais de abril se inicie o procedemento para redactar o Plan de Pena Corneira e que no segundo semestre deste ano comece a tramitación dos da Carballa da Rocha, o Souto de Rozabales e o Pregamento xeolóxico de Campodola-Leixazós.
Deste xeito, as árbores senlleiras do souto de Rozavales, recollidas na axenda de monumentos naturais de Galicia, contarán cunha ferramenta de xestión propia e un plan de protección específico destinado a asegurar a súa conservación.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DO 9 AO 12 DE ABRIL
Convivencia do ecosistema emprendedor galego en Manzaneda e San Xoán de Río
PRIMERA VEZ EN MÁS DE 100 AÑOS
Reservas en Trives y Valdeorras con un año de antelación para ver el eclipse del 12 de agosto
IES XERMÁN ANCOCHEA
Alumnos triveses foron arqueólogos por un día
Lo último
UNA VIDA DE COLECCIÓN (XXII)
Galería | Vajillas para jugar a las comiditas
Jorge Vázquez
SENDA 0011
El futuro de nuestros negocios no espera: la IA ya está aquí