DO 9 AO 12 DE ABRIL
Convivencia do ecosistema emprendedor galego en Manzaneda e San Xoán de Río
Día das Letras Galegas 2021
Un roteiro pola vida de Xela Arias foi a actividade que se levou a cabo desde o CEIP de Manzaneda na tarde deste mércores. Os cativos e cativas do colexio explicaron as distintas etapas da vida da autora a que se lle adican este ano as Letras Galegas, percorrendo a vila acompañados polo son das pandeiretas que o propio alumnado tocaba.
Nesta ruta por Manzaneda foron pendurando as diferentes imaxes impresas para remarcar cada unha destas etapas da escritora. Todas elas levan engadido un código QR que permite ver a explicación de cada neno sobre Xela Arias.
Un sendeiro familiar abre o festexo do Día das Letras Galegas na Pobra de Trives. O próximo día 17 ás 12 da mañá organízase desde a Oficina de Turismo unha ruta de dificultade baixa para que poidan asistir grandes e pequenos, cunha duración de aproximadamente unha hora e media. O aforo por mor do covid é limitado, polo que se debe reservar praza chamando á Oficina de Turismo Municipal (988 33 09 67), explica a concelleira de Cultura.
Ese mesmo día realizarase unha gravación do voluntariado da Biblioteca Pública Municipal lendo poemas de la autora Xela Arias, acompañado de instrumentos musicais tocados por Sandra González Vega, directora da escola de música, e Francisco García Sánchez, director do IES Xermán Ancochea Quevedo. Esta actividade será ao aire libre se o tempo o permite, mudando para o interior da Biblioteca en caso de choiva.
Esta celebración continuará o vindeiro 23 de maio co espectáculo titulado "Xela Arias fala coa natureza", unha obra de carácter familiar e cun claro compoñente didáctico, que combina de a danza, o teatro, a música e a poesía. Rosa Puga Davila, actriz nomeada aos Premios Goya 2021, é a protagonista deste espectáculo que terá lugar na Praza do Reloxo, ao aire libre tal e como confirma a Concelleira de Cultura Cristina Paz.
Xa para finalizar, o 29 de maio no Auditorio Julio Vázquez proxectarase o documental ‘Xela Arias. Poeta nas marxes’, un audivisual dirixido por Beatriz Pereira de media hora de duración co que a directora pretende achegarse as distintas facetas de Xela.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DO 9 AO 12 DE ABRIL
Convivencia do ecosistema emprendedor galego en Manzaneda e San Xoán de Río
PRIMERA VEZ EN MÁS DE 100 AÑOS
Reservas en Trives y Valdeorras con un año de antelación para ver el eclipse del 12 de agosto
IES XERMÁN ANCOCHEA
Alumnos triveses foron arqueólogos por un día
Lo último
A POR PLAY OFFS
El Antela, a seguir soñando ante el Villalonga
Miguel Anxo Bastos
La decepción de Trump
"RUTAS QUE REXENERAN"
Trevinca-Valdeorras da a conocer su patrimonio