Xantar popular pola 50 edición da Festa da Bica de Trives
A Festa da Bica da Pobra de Trives festexará a súa cincuenta edición o vindeiro 29 de xullo
Para a Festa da Bica da Pobra de Trives, Mantesil e Coemusic organizan, coa colaboración do Concello de Trives, un xantar popular. A cita gastronómica terá lugar no patio do colexio CEIP Manuel Bermúdez Couso cun aforo de 500 persoas.
As entradas para o xantar do 50 aniversario da Festa da Bica de Trives, póñense a venda o vindeiro luns 26 de xuño, podendo mercarse no concello, na cafetería O Cafeto, no bar Sky, na pousada gastronómica A Cantina do Catro ou na Ferretería Medina.
“Esta será a segunda edición da Festa da Bica como celebración de Interese Turístico de Galicia. O doce é un produto gastronómico típico destas terras e que forma parte da identidade do municipio. Agárdase que un ano máis sexan centos os visitantes”, explican desde o goberno local.
Cun custo de 25 euros para adultos e de 15 para os menores de 12 anos, o menú do xantar popular inclúe empanada Cachena, becerro ao espeto con guarnición, viño, café e licores, e por suposto a sobremesa será coa auténtica protagonista do festexo, a afamada Bica de Trives.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
MÁS DE 80.000 EUROS
El Concello de Verín, sancionado por vertidos sin depurar al río Támega
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Dom Pérignon
DEBERÍA ESTAR LISTO EN 2029
Luz verde al nuevo acceso al CHUO desde la N-565