INCENDIOS FORESTALES
Los dueños de castaños de Valdeorras exigen un trato justo contra el fuego
Alfredo Garcia, alcalde de O Barco de Valdeorras, exercerá como novo presidente da Asemblea do Eixo Atlántico. Desde esta posición seguirá traballando polo interior de Ourense e polo Corredor Ferroviario do Atlantico e a estrada A-76.
A cohesión social, a crise demográfica e a captación de investimentos e talento centrarán os obxectivos do 2020 no marco do desenvolvemento da axenda Urbana do Eixo Atlántico, aprobados na Asemblea Xeral celebrada en Matosinhos onte, onde se incorporaron Povoa de Varzim e Cullero como novas cidades
A captación de investimentos e talento será un dos eixes da estratexia do Eixo Atlántico xa que para fixar poboación na eurorregión é preciso atraer novos investimentos que xeren emprego e tecido económico-empresarial que atraia talento e permitan á poboación establecerse e fixarse no territorio. Xunto a estas dúas liñas de traballo, únense a cohesión social e a crise demográfica
No ámbito das infraestructuras manteranse reunións cos ministros responsables das obras públicas de España e Portugal para o seguimiento das obras previstas no segundo paquete de infraestructuras paralizadas polos procesos electorais de ambos países para concluír ou avanzar obras como o bypass de Braga, a Saída Sur de Vigo, o corredor do Atlántico e as conexións viarias entre Ponferrada-Barco de Valdeorras-Monforte-Ourense.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INCENDIOS FORESTALES
Los dueños de castaños de Valdeorras exigen un trato justo contra el fuego
XOSÉ MERELLES EN RUBIÁ
La comarca de Valdeorras aumentó un 43% los turistas este año
Lo último