Anxo Baranga: “En Barcelona fago case toda a miña vida en galego, catalán e un pouco de castelán"
En 1979, Anxo López Baranga “Anxo Baranga” deixaba a aldea vilamartinesa de Córgomo para establecerse en Barcelona. Son máis de catro décadas que non evitaron que este valdeorrés regrese á súa terra natal tódolos veráns. Este ano, ten un aliciente máis, festexar que o Día das Letras Galegas de 2022 estea centrado na figura do bardo local, Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987).
Bota de menos ao seu Córgomo natal cando está en Barcelona?
Si. Estou esperando que chegue o verán. Estou co proxecto “En Construción”, poñendo personaxes na fachada da casa. Agora estou coas mulleres ás que lles deron as Letras Galegos. Quero crear arredor da casa a liña do tempo de Galicia, desde a época dos castros. Vouna repartir nas diferentes épocas e eventos galegos e debuxar liñas paralelas co que pasaba en Córgomo.
“En Barcelona, sempre estou esperando que chegue o verán”
Ten algún outro proxecto para este verán?
Este ano tamén me dediquei moito a contar contos nas aldeas pequenas nun proxecto de Furafollas. É marabilloso, a xente está moi agradecida.
“Este ano tamén dediquei o verán a contar contos nas aldeas pequenas, nun proxecto de Furafollas”
Mantén contacto con outros valdeorreses en Barcelona?
Estou na Asemblea Cultural de Barcelona, na que son o máis vello. Hai un montón de rapaces de Valdeorras que van estudar alí. Alí, fago a maior parte da miña vida en galego, catalán e un pouco de castelán. O idioma que máis emprego é o galego. Imos contar contos nas escolas de Primaria e facémolo en galego. Estamos dúas horas con nenos de 6 a 12 anos que nunca escoitaron o galego e enténdeno perfectamente.
“Deberíase usar máis o galego nas empresas, que se etiquete o viño na nosa lingua”
Este ano, co poeta de Córgomo Florencio Delgado protagonista do vindeiro Día das Letras Galegas, as vacacións lle terán un sabor especial.
É unha marabilla. Ter o Día das Letras Galegas cun poeta valdeorrés, de Córgomo, é unha tarxeta de presentación e quen ten unha empresa ou asociación pode dicir: “Eu son de onde se fai o Día das Letras Galegas”. Antes, cando organizabamos un acto cultural en Córgomo e chamabamos a un grupo de A Coruña ou Vigo dicían que Valdeorras estaba moi lonxe e o ano que ven somos o centro. Deberíamos ser quen de demostrar que somos merecedores de iso e usar máis o galego nas empresas, que se etiquete o viño na nosa lingua.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DAÑOS DE LOS INCENDIOS
Transportes repara taludes en la N-120, a su paso por Valdeorras
AMPLO PROGRAMA
Christian Escuredo, pregoeiro da Feira do Viño de Valdeorras
Lo último
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Cuando el silencio es una condena
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Unha ducia enteira de churros, esa si que é “churrada”