"RUTAS QUE REXENERAN"
Trevinca-Valdeorras da a conocer su patrimonio
O Teatro Lauro Olmo do Barco acolle desde onte a exposición “Florencio Delgado Gurriarán. Bebedeira de ensoños”, centrada na vida de Florencio Delgado Gurriarán (Córgomo, 1903; California-Estados Unidos, 1987). A mostra é obra do historiador Ricardo Gurriarán, familiar do protagonista do Día das Letras Galegas 2022 e comisario da referida exposición. A forman 15 paneis, nos que poden seguirse as peripecias vitais do poeta vilamartinés, ademais de un bo número dos seus obxectos personais.
Ricardo Gurriarán describiu os materiais expostos como “unha mostra sinxela”, na que poden contemplarse os primeiros poemas de Florencio Delgado, os seus primeiros pasos de formación galeguista e da Irmandade Galeguista de Valdeorras, ademais dos seus viaxes e a súa estancia en México, cos seus avatares políticos.
Ao acto asistiron os secretarios xerais de Cultura e Política Lingüística, Anxo Lorenzo e Valentín García, respectivamente, ademais do vicepresidente da Deputación, César Fernández, o presidente da Real Academia da Lingua, Víctor Freixanes, e varios alcaldes e personalidades da comarca.
Freixanes argumentou a elección do protanista do Día das Letras 2022 pola “calidade dun poeta e a lealdade á súa lingua. A súa alegría, firmeza e xenerosidade”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
"RUTAS QUE REXENERAN"
Trevinca-Valdeorras da a conocer su patrimonio
MÁS DE 70 VISITAS
La D.O. de Valdeorras aumenta presencia en ferias internacionales
ACCIDENTE EN UNA FINCA
El Sergas deberá pagar 51.000 euros a un paciente de O Barco que sufrió la pérdida de un ojo
CONEXIÓN OURENSE-PONFERRADA
El primer proyecto de la A-76 echa a andar 20 años después