ARRUINADO POR EL CALOR
La campaña de setas en Valdeorras acusó la subida de las temperaturas
ENTREVISTA
O alcalde popular de Rubiá, Elías Rodríguez Núñez, afronta o seu cuarto mandato ao frente do Concello, un cargo que tamén desempeñou ou seu pai. Con seis concelleiros do PP no equipo de goberno e tres do PSdeG-PSOE na oposición, ten ante si un mandato tranquilo, salvo sorpresas.
Que balance fai dos primeiros días de mandato?
Non é a miña primeira lexislatura, polo que hai unha continuidade da anterior. Sempre hai asuntos que quedan pendentes e nestes primeiros meses retomamos os que quedaron aparcados, como algunhas subvencións da Xunta, da Deputación ou os Plans Provinciais. É dicir, hai un certo labor de continuidade. Esto permítenos ir tomando o pulso á nova lexislatura e plantexar unha serie de proxectos para desenrolar nos vindeiros meses.
Como se porta a oposición?
Algunhas veces, lóxicamente, temos discrepancias. Pódese dicir que, como sempre fixo en Rubiá, tenta ser constructiva, pois as veces podes plantexar cousas que non son realizables. O comportamento é bo, correcto. A relación que temos é boa, a pesar das discrepancias. Penso que por parte deles tamén é así.
E as Administracións. Como se portan con Rubiá?
Coa Administración central prácticamente non temos relación. As que nos tocan máis de cerca, sempre se portaron ben. Anque pretendemos ser reivindicativos, teñen aportado o seu gran de area. Accedemos a todas as liñas de subvención. Oxalá aportarán un pouco máis, pero colaboran co Concello de forma considerable.
É dificil levar un concello no rural?
É moi difícil. Sobre todo nos concellos pequenos. Son o primeiro punto de información ó que se dirixe o cidadán, sobre todo naqueles temas nos que non sabe onde ir. Os veciños plantéxannos tantas cuestións que nos desbordan e superan, non só polas nosas competencias, senón ó buscarlle unha solución. Sempre hai que orientalos ou solucionarlles o problema.
Ten futuro o rural?
Véxoo moi complicado. Neste momento, e a pesar dos esforzos dos concellos. O problema ao que nos enfrentamos todos é o da despoboación. Xa non se pode dicir que sexa preocupante, é peor que preocupante.
En que momento está o parque empresarial?
Está totalmente rematado e con tódolos servizos. Hai unha nave feita, a de Castañas Rafael, que ocupa unha parte considerable e é emble- mática. O parque empresarial é un dos asuntos nos que estamos traballando. A nosa intención é sacar á venda a parte do chan industrial que lle corresponde ao Concello. Temos que intentar sacalo á venda a un precio competitivo.
Que resultado diu adxudicar a construcción a unha empresa a cambio de parte das parcelas?
O parque empresarial era unha demanda antiga. Todos considerabamos que se construíu no si- tio ideal. Ao lado dunha carretera e con boa comunicación. Nesa zona xa hai máis naves. Era unha demanda que existía dende hai moito anos e non había forma de facelo de outro maneira . Naquel momento, a Xunta aprobou o proxecto e nolo deu. A única maneira de sacalo adiante foi como fixemos, porque 1,5 millóns de euros son excesivos para as arcas municipais. Fixemos un procedemento de concesión de obra urbanizadora e se interesou unha empresa. Quedouse prácticamente coa metade do terreo e hoxe, vendo todo o proceso, penso que foi un éxito rotundo.
Hai demanda empresarial?
Hai empresas que compraron terreos pero aínda non se plantexaron construir as naves. De feito, unha quería presentar o proxecto en breve. Estamos esperando. É curioso que cada vez que sae un anuncio da A-76, e por eso digo que vai ter o futuro garantizado, había alguén que chamaba para preguntar polo par- que. De feito, a autovía pasa a cen metros. A súa localización é a ideal.
Que supón para Rubiá, e Valdeorras, a A-76?
No que atinxe a Rubiá, é unha das infraestructuras que vai garantizar un futuro prometedor no terreo empresarial. Para Valdeorras vai ser fundamental. É unha vía de comunicación importantísima.
E o parque natural Serra de Enciña da Lastra? Quizais se esperaban máis visitantes?
Estamos falando do parque máis recente; do último que se aprobou, o máis pequeno e que só afecta a un concello. Ao estar so en Rubiá é máis difícil facer forza. Creo que traballando conxuntamente as distintas administracións sairá adiante. Vemos que, a pesar de que, ao mellor, non se inviste todo o que se debía, en certas épocas hai af luencia de xente. Ten moita máis aceptación que a que nós mesmos pensamos, mais hai que seguir traballando e promocionando, e sobre todo hai que poñer en valor os seus recursos. É un dos obxectivos que temos para esta lexislatura. Hai valores que non son unha realidade porque están escondidos, como pode ser un tramo da Vía Nova, o Camiño alternativo do Camiño de Inverno.
Cóntenos os seus proxectos.
Un é o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). É prioritario. A intención é aprobalo canto antes. Ao mesmo tempo, preparamos os Plans Provinciais, subvencións e a venda do chan industrial. Xa para máis adiante, queremos promocionar e poñer en valor os recursos do parque natural. Ten que ser un obxectivo prioriatario nesta lexislatura. Penso que é o maior valor que temos. Ademais, está o problema da vivenda. Pretendemos rehabilitar un edificio de seis vivendas co obxectivo de atraer poboación.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ARRUINADO POR EL CALOR
La campaña de setas en Valdeorras acusó la subida de las temperaturas
PIEDRA NATURAL
El mejor proyecto de Casa Decor lleva sello Cupa Stone
PROCESIÓN DE LAS ROSAS
Las rosas lucieron de nuevo con la Santa Rita en O Barco de Valdeorras
Lo último
CLAUSURA V PLENO DEL VIII MANDATO
El Gobierno acelera la tramitación del reglamento de Ciudadanía Española, con su envío la próxima semana, al Consejo de Estado
REANIMACIÓN SIN ÉXITO
Muere una mujer de 74 años tras ser rescatada del agua en la Praia Xardín de Boiro