A fala valdeorresa contará co seu propio dicionario
FRASEOLOXÍA GALEGA
As palabras da zona poderán enviarse á páxina web da Fundación Florencio Delgado
Os valdeorreses din “muito” cando en Viana do Bolo falan de “muto”. É unha das diferencias entre ás dúas microsubáreas da área dialectal do oriente galego. Así o explicou a filóloga ruesa Noelia Estévez antes de presentar o traballo que en 2014 realizou no centro Ramón Piñeiro, por encargo do catedrático Xesús Ferro Ruibal para o seu proxecto de fraseoloxía galega. A estudosa comentounono Centro Cultural Avenida de A Rúa, no que se desenvolveu o encontro “A fala valdeorresa e do Bierzo”, que organizou a Fundación Florencio Delgado Gurriarán para anunciar unha plataforma en liña destinada a crear un dicionario de fala valdeorresa. O traballo de Noelia Estévez contempla 85 variedades fraseolóxicas de Petín, Vilamartín e A Rúa, sendo publicado no Caderno de Fraseoloxía número 16, de 2014.
Calquera valdeorrés que coñeza unha palabra que poida ser específica do léxico de Valdeorras poderá enviala á plataforma
No acto tamén estivo a investigadora da Universidade de Vigo e berciana Sara Rodríguez, autora do “Dicionario do Galego no Bierzo”, un traballo que contén 15.000 palabras, que foi editado en 2023 e que xa está esgotado. Antes do inicio do acto, comentou que o galego berciano “ten moita semellanza co galego valdeorrés”, pero tamén que a súa situación non é de todo boa, pois “na rúa fálano os maiores”. Se ben recoñece que nas aultas hai “rapaces que queren estudalo”, o feito de que teñan que asistir á aula no horario extraescolar o dificulta. En todo caso, mostrou a súa confianza en que non desaparecerá.
Na Rúa tamén estivo a concelleira de Cultura do Barco e unha das impulsoras da Fundación Florencio Delgado Gurriarán, Margarida Pizcueta, quen lembrou os comezos da aventura no ano 2016 e a consecución do Día das Letras Galegas para o poeta de Córgomo finado en 1987. “Hoxe presentamos a web á que calquera valdeorrés que coñeza unha palabra que poida ser específica do léxico de Valdeorras poderá enviala”, dixo. A web pode visitarse en “florenciodelgadogurriaran.gal”. A cita rematou nunha cova de Vilela.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SECTOR VITIVINÍCOLA
El “amor por la tierra”, promoción de D.O. Valdeorras
ACTIVIDADES INFANTILES
La Diputación estudia aumentar plazas en EsquiOU
Lo último
ALIMENTACIÓN SALUDABLE
Mezclar mango y aguacate a diario beneficia a la salud cardíaca
FENÓMENOS ASTRONÓMICOS
Así se vio la “Luna de Sangre” que tiñó esta madrugada el cielo