DISTRIBUIDORA FAMILIAR
Gaseosas Roca, medio siglo creciendo junto a Valdeorras y Coca-Cola
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
O comercio e os departamentos de Dinamización Lingüística dos centros educativos do Barco e Rubiá sumaron esforzos co gallo do Día das Letras Galegas, este ano adicado á filóloga, escritora e violinista Luísa Villalta Gómez (A Coruña, 1957-A Coruña, 2004). Representantes dos colexios e institutos presentaron as actividades que desenvolverán nas vindeiras datas, que inclúen unha exposición no Paseo do Malecón sobre a vida e obra da poetisa coruñesa na que colabora o Concello, segundo explicou Sandra Varela, dos equipos de Dinamización Lingüística do Instituto Lauro Olmo.
Noutra iniciativa promovida polos centros, esta coa colaboración da asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco, os protagonistas serán os alumnos, pois eles serán quen entregarán fotografías inspiradas nos versos de Luisa Villalta. As súas creacións serán expostas nos escaparates dos 40 asociados inscritos.
Paralelamente, os cativos da comarca participan desde onte, e ata o 31 de maio, nunha xincana na que buscarán as estrofas nos establecementos e deberán vencellalas cos encabezamentos recollidos nos folletos que deberán selar en cada negocio. Unha vez completo, deberán, ben chamar ao CCA O Barco para que recolla o folleto ou ben deixalo na tenda, para que sexa esta quen o entregue, segundo explicou o seu presidente, Jacobo Arias.
Entre os participantes sortearase un vale de compra de 50 euros, a investir nas librerías asociadas ao CCA: Caprichos, Librería Murciego, Praxis, Yoli e Nós. Ademais, a mellor carta decorada de cada centro educativo terá un premio de 25 euros, en material escolar.
Na campaña participan os colexios barquenses Conde de Fenosa, Julio Gurriarán, Otero Pedrayo e Divina Pastora; o Virxe do Camiño de Rubiá; e os institutos Lauro Olmo e Martaguisela do Barco.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DISTRIBUIDORA FAMILIAR
Gaseosas Roca, medio siglo creciendo junto a Valdeorras y Coca-Cola
IMPULSO AL TEJIDO EMPRESARIAL
La Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) continuará apostando por la formación tras el verano
COMUNICACIÓN CON LA CAPITAL
La comarca de Valdeorras recupera el bus directo a Madrid en verano
Lo último
ADERCOU Y SIL BIBEI NAVEA
Los GDR defienden la candidatura de la Ribeira Sacra en la Unesco
MÁS DEPORTE
Reyes y reinas de la doma en Galicia