DÉCIMO ANIVERSARIO
El Camiño de Inverno reparte sus credenciales
A celebración do Día da Muller Rural consolídase no Barco ano tras ano. Onte levábanse a cabo as actividades programadas polo Concello para a ocasión que, coma na edición do 2022, partían dunha iniciativa do Ministerio de Cultura, Pesca e Alimentación. “Sí que é certo que no Barco xa celebramos o Día contra a Violencia de Xénero e o Día da Muller, pero o da Muller Rural específicamente non, por iso, cando se nos brindou a oportunidade, subímonos ó carro”, conta a concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta.
A proxección da película “Una elefanta sobre la tela de una araña”, de Rolando Díaz, foi o acto principal que, tal e como o pronosticou Pizcueta, deu pe a un coloquio posterior moi interesante, no que se invitou a participar a diferentes mulleres da comarca. “Quixemos que este evento non fora só para a xente de O Barco, fixémolo pensando en que vira público tamén de outras poboacións”, explicou. O formato do coloquio estivo moi relacionado co calor nada característico desta época do ano.
Margariza Pizcueta quiso deixar claro que “os actos non representan reivindicación alguha, máis ben estamos deixándonos ver”, apuntou. “Debemos estar orgullosos da ruralidade da que pode gozar Valdeorras, e pensar que a palabra rural xa non está relacionada con moitos estereotipos ou adxetivos pexorativos. Queremos desmitificar todo eso, ese autoodio hacia a palabra rural”.
Tras o coloquio e para poñer a guinda ó pastel, tivo lugar unha cata de dous viños de Valdeorras.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DÉCIMO ANIVERSARIO
El Camiño de Inverno reparte sus credenciales
FESTAS DO CRISTO
Galería | El Nazareno reunió a fieles de toda Valdeorras
Lo último
INMUNIZACIÓN DE LOS NIÑOS
Vacunación de gripe y covid en Ourense 2026: cuándo empieza, quién puede vacunarse y dónde
PREVISIÓN DEL TIEMPO
Ourense encara un fin de semana de calor con hasta 35 grados de máxima