INCENDIOS FORESTALES
Los dueños de castaños de Valdeorras exigen un trato justo contra el fuego
BACOFESTA DE VALDEORRAS
As altas temperaturas que asolan á provincia non son unha excepción na comarca valdeorresa. Malia todo, A Rúa de Valdeorras celebra estes días unha nova edición da BacoFesta, que dende a súa creación no 2014 supón un punto de encontro para veciños e visitantes.
O venres tivo lugar a inauguración da edición deste ano desta feira romana e gastronómica que busca pór en valor a historia, os viños e a gastronomía da Rúa e da comarca, homenaxeando ás raíces romanas da vila.
Ao acto acudiron as alcaldesas de Petín e A Rúa, Raquel Bautista e María González Albert, e mais membros do grupo de goberno rues, como o concelleiro de cultura, Vicente Solarat, e o tenente de alcalde, Luis Fernández Gudiña.
Tamén estiveron presentes a delegada especial da Deputación para Valdeorras, María del Carmen González, e o fillo adoptivo da localidade, o exbaloncestista do Real Madrid Wayne Brabender.
Todos xuntos deron un paseo dende A Ponte da Cigarrosa ata o recinto feiral do Aguillón, onde onte e hoxe os adegueiros da zona ofrecen o seu viño nesta festa dedicada á Baco, deus romano do viño.
O primeiro día actuaron Los Lobos, que interpretou cancións de Leiva e Pereza. Onte foi a quenda do grupo Generación G, banda tributo a Hombres G. E hoxe está prevista actuación da banda de hard rock español Mojinos Escozíos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INCENDIOS FORESTALES
Los dueños de castaños de Valdeorras exigen un trato justo contra el fuego
XOSÉ MERELLES EN RUBIÁ
La comarca de Valdeorras aumentó un 43% los turistas este año
Lo último