Rubiá incorpora seis vivendas rehabilitadas
Un investimento é de 350.000 euros permite recuperar as antigas casas dos mestres
A Xunta destinou nos últimos anos 356.000 euros do Fondo de Cooperación á rehabilitación de seis vivendas da rúa Terra do Souto de Rubiá. O delegado territorial, Gabriel Alén, acompañado do alcalde de Rubiá, Elías Rodríguez, visitou as obras de rehabilitación destas antigas vivendas dos mestres, cuxa recuperación está a ser financiada a través do Fondo de Cooperación, “unha liña da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes”, srgundo explica a Xunta.
Así, estas vivendas recibiron fondos nas convocatorias de 2017, 2018 e 2019, ata un total de 356.000 euros. Deste xeito, o Concello de Rubiá accedeu a varios préstamos sen xuros que xa está a devolver e seguirá a facelo durante os vindeiros anos. De feito, no 2020 acadou tamén, a través da mesma liña, unha subvención de preto de 50.000 euros para un proxecto de mellora do sistema de tratamento de auga potable.
O delegado territorial lembrou que o programa foi creado en 2017 e que na actual convocatoria reserva case 4,5 millóns de euros. Os concellos interesados en participar no mesmo dispoñen ata o 1 de outubro para presentar as súas solicitudes. Gabriel Alén, invitou aos concellos da provincia a presentar os seus proxectos e beneficiarse deste crédito, que deberán devolver a administración galega nun prazo de oito anos sen xuros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: miércoles, 16 de septiembre
SE REAFIRMA EN SU RECHAZO
El Supremo mantiene su “no” a la amnistía de Puigdemont
PREFERENTE FUTGAL
Raúl Gallego deja el Antela y se incorpora al Auriense