NAVIDAD CON SABOR LOCAL
Una Navidad en Valdeorras con el turrón y espumosos locales
Día das Letras Galegas
O Teatro Lauro Olmo do Barco acolle desde o pasado 4 de maio a exposición “Florencio Delgado Gurriarán. Bebedeira de ensoños”, centrada na vida de Florencio Delgado Gurriarán (Córgomo, 1903; California-Estados Unidos, 1987). A mostra é obra do historiador Ricardo Gurriarán, familiar do protagonista do Día das Letras Galegas 2022 e comisario da referida exposición.
Ricardo Gurriarán describiu os materiais expostos como “unha mostra sinxela”, na que poden contemplarse os primeiros poemas de Florencio Delgado, os seus primeiros pasos de formación galeguista e da Irmandade Galeguista de Valdeorras, ademais dos seus viaxes e a súa estancia en México, cos seus avatares políticos.
Con carácter informativo e didáctico, divídese en 15 paneis explicativos que percorren a vida e a obra do autor valdeorrés, e unha selección dos seus obxectos persoais cedidos pola familia para esta mostra.
A través dos paneis repásase a traxectoria vital e biográfica do autor homenaxeado, permitíndolle ao espectador asistir a unha rápida viaxe, rigorosa e amena, para comprender quen foi, que nos deixou e que implica a figura de Florencio Manuel Delgado Gurriarán.
Na selección de obxectos persoais do escritor, expostos en mesas-vitrina, hai cartas con persoeiros do seu tempo, como Otero Pedrayo ou Castelao; borradores de poemas, que logo remataron nos seus libros e publicacións orixinais. Todos eles permiten comprender mellor a súa figura e obra literaria.
A mostra comeza a súa itinerancia en maio no Barco de Valdeorras, preto da aldea natal de Florencio (Córgomo en Vilamartín), para despois ir a Ourense e Santiago de Compostela.
Na inauguración da exposición, o alcalde do Barco, Alfredo García, repasou o proceso que permitiu reivindicar a figura de Florencio Delgado Gurriarán.
Outros actos nesta xornada en O Barco, ás 11,00 horas, no Teatro Lauro Olmo, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, presidirá un acto oficial e haberá un concerto de Roi Casal. Na Praza do Concello haberá un maratón de lectura (11,00 horas) a cargo da asociación Vagalume. Ás 20,00 horas, no Teatro Lauro Olmo será o turno de “Tras os vieiros de Florencio”, una representación de Fantoches Baj. O xoves 19 de maio, na biblioteca Florencio Delgado Gurriarán haberá unha sesión de contacontos (19,00 horas) co título “Vendimando versos”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
NAVIDAD CON SABOR LOCAL
Una Navidad en Valdeorras con el turrón y espumosos locales
PATRIMONIO Y TURISMO
As Ermidas recupera catorce obras pictóricas y un retablo
ECONOMÍA GALLEGA
Aumenta el interés por la pizarra en Cantería
Lo último