CUANDO LA REALIDAD SUPERA LA FICCIÓN
El anuncio de la Lotería de Navidad se vuelve realidad en Valdeorras
CULTURA
O Concello do Barco presentou o ciclo de concertos “Terrasón” que traerá ás rúas do Barco actuacións de 11 artistas e grupos de música. O programa esténdese desde este mesmo venres, 6 de agosto, ata o 12 do seguinte mes.
No cartel figuran artistas como Xoán Curiel, Aínda, Sofía Espiñeira, Tronka Jazz Quartet, Norma Winchester ou Gin Toni’s. Segundo explica no programa, a intención do Concello é “apostar pola reactivación económica” do sector da cultura, aproveitando a ocasión para beneficiar á hostalaría. É por iso polo que os concertos faranse en distintos lugares da vila, co obxectivo de animar aos barquenses a consumir nas terrazas.
Este xoves abrirán a lista de concertos Superhéroes de Barrio, unha banda leonesa que toca versións de pop-rock español. Será ás 22,30 horas na rúa Abdón Blanco. O sábado á mesma hora pero na praza Andrés de Prada actuarán os ourensáns Soul&Roll, que despregarán o seu repertorio de versións.
Superhéroes de Barrio. Rúa Abdón Blanco - 22,30 horas
Superhéroes de Barrio é unha banda leonesa que se dedica a interpretar versións de pop-rock español. Entre as bandas que homenaxean atópanse Tequila, Ilegales, Loquillo ou Los Enemigos.
Soul & Roll. Praza de Andrés de Prada - 22,30 horas
Soul & Roll son Tamara Pérez e Miguel Araujo, un dúo que toca versións variadas de éxitos desde os anos 80 ata a actualidade. Tamara canta e Miguel samplea varias capas instrumentais.
Xoán Curiel (Danzamos no verán). Praza Maior - 20,30 horas
O compostelán ofrece un show enérxico coas cancións do seu libro-disco Estamos no verán!!!. No espectáculo combina música e danza, apto especialmente para os máis pequenos.
Aínda. Paseo do Malecón (zona da pasarela) - 22,30 horas
O cantautor ponferradino presentará no Barco cancións do seu vindeiro disco Karavasar, co que pretende situar o Bierzo no mapa da creación artística a nivel nacional.
Sofía Espiñeira. Paseo do Malecón (zona de Correos) - 22,30 horas
A cantante, procedente de Mugardos, ten un estilo moi persoal que viaxa da bossa nova á nosa música tradicional pasando por estilos como o blues ou a canción sudamericana.
Tronka Jazz Quartet. Praza do Sagrado - 12,30 horas
O vermú do domingo 22 correrá pola conta deste grupo vigués que nin é cuarteto nin fai jazz. Fan rock fusión, mestizando punk con canción lixeira ou bossa nova. Teñen un premio Maketón a mellor directo.
Castro e Montes. Praza José Otero - 22,30 horas
Javier Castro e Andrés Montes forman un dúo que interpretará no Barco versións de cancións de grupos míticos do pop-rock español, como Duncan Dhu ou Los Rodríguez.
La Buena Vida. Praza de Viloira - 22,30 horas
Tocan todos os estilos: pop, rock, rythm&blues... Tratarán de facerse co público coas súas versións de pop-rock tanto español como internacional, con éxitos de onte e hoxe na mochila.
Norma Winchester. Programa cultural das Festas do Cristo
Rythm&blues. Swing. A espectacular voz de Norma Winchester estará ben acompañada pola banda Bluedays. En conxunto ofrecerán un sólido concerto dentro do programa cultural das Festas do Cristo. Bluedays repiten no Terrasón, xa que o ano pasado actuaron coa tamén espectacular cantante Velma Powel.
Gin Toni's. Programa cultural das Festas do Cristo
Seguridad Social, Radio Futura ou Fito & Fitipaldis serán algunhas das bandas homenaxeadas por esta banda, unha das referencias en canto a tributos ao pop-rock español no noroeste peninsular.
Blues do País. Programa cultural das Festas do Cristo
Mesturan a música co teatro, co clown e coa improvisación, pero o eixo central é a reinterpretación de clásicos do blues adaptados á nosa realidade cun chisco de retranca.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CUANDO LA REALIDAD SUPERA LA FICCIÓN
El anuncio de la Lotería de Navidad se vuelve realidad en Valdeorras
ESCENAS DE VIDA
Carballeda se embellece con fotos antiguas de sus vecinos
AULA DE TECNOLOGÍA APLICADA
El Lauro Olmo actualiza sus medios de enseñanza
UNA VÍA CLÍNICA
Sanidade evitará viajar hasta Oviedo a afectados de silicosis
Lo último
CAFÉ TORGAL A LAS 20:00 HORAS
Elijah Fox, pianista: “La capacidad de atención se acorta con el empleo de las redes sociales”