CANCIONES EN LENGUA DE SIGNOS
El instituto Taboada Chivite de Verín participa en la novena edición "Cantamos coas Mans"
CONCERTO
O concerto solidario celebrado o pasado 29 de marzo no auditorio da vila do Támega, unha iniciativa da ANPA do Conservatorio, tivo unha gran acollida tanto en participación como en recadación, ao reunir 1.130 euros que se repartiron equitativamente entre as cinco organizacións sociais da comarca: Femuro, Cáritas, Cruz Vermella, CDR Portas Abertas e a Asociación Española Contra o Cancro.
Máis de 200 persoas asistiron ás actuacións da Minibanda CMUS de Verín, a Banda de Música de Verín, o Coro do Conservatorio, a Coral de Verín e o grupo de acordeóns “Sons do Mestremiro”. Ademais, previamente ao concerto, o público puido visitar na entrada os expositores informativos das entidades colaboradoras.
O éxito do formato abre a porta a futuras edicións. Dende o Concello márcanse o obxectivo de ampliar a programación en vindeiros anos a outros sectores da poboación, especialmente a xente nova, con propostas específicas nas actividades musicais e sociais do Conservatorio.
O concelleiro responsable da área de Conservatorio, Diego Lourenzo, destacou do evento que “non só foi unha mostra do talento musical da vila, senón tamén do seu compromiso solidario. Foi un exemplo de colaboración entre institucións, alumnado, familias e tecido social”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CANCIONES EN LENGUA DE SIGNOS
El instituto Taboada Chivite de Verín participa en la novena edición "Cantamos coas Mans"
CASI 20.000€ DE INDEMNIZACIÓN
Un año sin carné por atropellar a una menor en un paso de peatones en Verín
BLOQUEO BUROCRÁTICO
Absuelto el alcalde de Verín por retrasos en la rescisión de un contrato
VIÑOS E PRODUTOS DA TERRA
Últimas prazas para participar nas catas do Feira do Lázaro de Verín
Lo último
JORNADA DE REFORESTACIÓN
Voluntarios plantan 700 árboles en Larouco, epicentro del mayor incendio de Galicia