CARROZAS E COMPARSAS
Verín abre as inscricións para os dous grandes desfiles do seu Entroido
ENTREVISTA
O Partido Popular de Verín continúa co seu proceso de reconfiguración coa vista posta nas eleccións municipais de 2027. Tras constituir unha xunta xestora, presidida por Luisa Valladares e con Manuel Pardo e Víctor Baladrón como vicepresidentes, agora é o turno da xestora das Novas Xeracións (NN.XX.), que elixiu a Concha Caneiro como presidenta.
Esta xornalista nova pero experimentada, excorrespondente de La Región na súa comarca natal, compaxina labores de comunicación no PP verinense co seu traballo no gabinete de prensa da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Pregunta. Ao seu nomeamento acudiu o presidente da Deputación e do PP provincial, Luis Menor. Que tarefas lle encomendou?
Respuesta. Escoitar, estar presente e atender as demandas da mocidade de Verín e comarca. Luis Menor deunos a todo o equipo de NN.XX. total liberdade e apoio pleno para actuar atendendo as necesidades do territorio. Queremos ser a voz de toda a mocidade da Verín que non está contenta nin se sente identificada co goberno municipal. E para iso nacen as NN.XX. de Verín: para traballar pola mocidade e o seu futuro.
P. Pasou de cubrir a actualidade política a tomar partido. Por que agora e por que o PP?
R. Dende pequena tiven vocación por axudar, e sempre vin o xornalismo como unha forma de axudar, dar voz a vidas e historias. Trala miña etapa dando forma a esta páxina de La Región e co paso do tempo percateime de que Verín merece algo mellor. Os xornalistas merecemos contar historias mellores e para iso Verín precisa un cambio. Penso que teño ideas, espírito crítico, ganas de traballar e, sobre todo, ilusión. Sinto que agora é o momento de aportar e de axudar, e o mellor lugar é o PP verinés, no que os mozos temos espazo, somos escoitados e se nos valora, unha formación que traballa con rigor, criterio e de maneira realista para mellorar a vida das persoas.
P. Na súa opinión, que é o que precisa Verín hoxe?
R. Revivir, recuperar o seu esplendor. Levamos anos vendo como se deterioran ou se perden servizos. Verín precisa industria e emprego, axenda cultural e de ocio real, ofertas deportivas e iniciativas que aposten polas fortalezas da localidade e o talento verinés. Verín precisa menos figurantes e improvisación e máis traballo, menos megaproxectos e máis proxectos reais, unha xestión responsable e comprometida coa veciñanza. Verín precisa que o goberno municipal non se ría dos seus veciños, que non xoguen cos cartos públicos e que non falten á legalidade. Verín precisa xente comprometida con ganas de gobernar e menos persoas desgobernando a nosa vila e as súas aldeas.
P. Vese formando parte da lista para as municipais de 2027?
R. Aínda é pronto para falar diso. A lista para as vindeiras municipais estará formada polas mellores persoas, con perfís completos, variados e cun obxectivo: traballar en equipo por e para Verín. Entre eu ou non, seguirei a traballar neste proxecto, aportando o que poida e axudando por vocación.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CARROZAS E COMPARSAS
Verín abre as inscricións para os dous grandes desfiles do seu Entroido
FESTIVO EN VERÍN
Ni tan siquiera el Cigarrón se quiso perder un gran San Antón
AVENIDA DE SOUSAS
Una colisión por alcance deja un herido en Verín
Lo último
Evelio Traba
LOS LIBROS QUE LEO
Frederick Douglass, el esclavo lector que alcanzó la libertad
ACTIVIDADES PARROQUIALES
Los jóvenes buscan refugio en la Iglesia de Ourense ante el desencanto de la sociedad actual