MÁS DE 80.000 EUROS
El Concello de Verín, sancionado por vertidos sin depurar al río Támega
CULTURA URBANA
O festival verinense de música e cultura urbana Extruga Festival retoma o concurso “Música Emerxente”, co que busca a unha banda, solista ou DJ ascendente, e que levará de premio 400 euros e actuar no propio Extruga, o vindeiro 19 de xullo.
Os grupos ou cantantes interesados en se inscribir teñen tempo ata este xoves, día 3 de abril. Para participar basta con deixar un comentario na publicación do Extruga no Instagram (@extruganarua) e a organización contactará para formalizar a inscrición.
As catro propostas musicais con máis likes e comentarios dende este venres 4 e ata o 11 de abril no perfil do Extruga Festival en redes sociais converteranse nos finalistas, que se anunciarán o día 13.
Un xurado de membros do evento elixirá á banda, solista ou DJ gañadora. Polo de agora xa hai máis de 50 artistas inscritos de lugares como Galicia, Portugal, Barcelona, Valencia ou Murcia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MÁS DE 80.000 EUROS
El Concello de Verín, sancionado por vertidos sin depurar al río Támega
Manifestación multitudinaria
Verín mobilízase para reclamar mellor atención sanitaria
Lo último