riesgo de desprendimientos
Dos personas hospitalizadas tras un incendio que obligó a desalojar un edificio en Verín
EVENTO VIBRANTE
O xoves 24 será o desfile infantil da batucada, ás 11,00 horas, con temática Disney. 350 cativos da ludoteca e campamento urbano municipal, das escolas deportivas, do CDR Portas Abertas e da ludoteca de Cualedro, participarán neste percorrido que sairá do CEIP Amaro Refojo, pasará polo Concello e rematará na Praza García Barbón. A festa continuará posteriormente na ludoteca situada no propio centro educativo.
O venres 25 haberá unha festa infantil na praia fluvial do Támega, entre as 16,30 e as 19,00 horas, que incluirá inchables e animación musical. Á noite, a Praza García Barbón converterase no epicentro da actividade musical, cunha sesión a cargo de DJ Bacardit, Jennifer Cach, Señora DJ e Andria, de 23,00 a 3,00 horas.
O sábado 26 será a Festa da Espuma e da Auga, de 17,00 a 19,00 horas, tamén na praza García Barbón, coa música de A Gramola Friends. Habilitaranse dúas zonas diferenciadas para garantir a seguridade e o desfrute de adultos e crianzas.
A continuación será o Desfile da Batucada, dende as 19,00 horas, que percorrerá a praza García Barbón, rúa da Cruz, praza da Mercé, rúa Laureano Peláez e rúa Irmáns Moreno, onde terá lugar a batalla de batucadas, con Queimatasas (Poio) e Bloco Trifulka (Xinzo de Limia).
O día finalizará cunha sesión na García Barbón, ás 23,00 horas, cos DJs Groove Amigos, Marcos Gramola e Dmiron, que se estenderá ata entrada a madrugada.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
riesgo de desprendimientos
Dos personas hospitalizadas tras un incendio que obligó a desalojar un edificio en Verín
Lo último