I GALA PREMIOS AO COMERCIO
Verín premia o traballo do comercio de proximidade
CELEBRACIÓN
O Centro Sociocomunitario de Verín, dependente da Xunta, prepárase para pechar o ciclo do Nadal cunha festa interxeracional este domingo, 4 de xaneiro, na que a música será a protagonista.
A celebración desenvolverase das 16,30 ata as 20,00 horas, e os asistentes poderán gozar das actuacións de Mariachi Juvenil Mi Tierra e do grupo tradicional Gandaina. Ademais do baile, o evento inclúe unha merenda típica destas datas, onde se servirá chocolate con rosca de Reis.
Dende a organización informan que para asistir é necesario retirar unha invitación previa. Estas poden recollerse hoxe en horario de tarde, ou mañá tamén pola tarde.
A entrada ten un custo de copagamento de 4 euros, prezo que inclúe o acceso ao espectáculo musical e a merenda de chocolate e rosca ou unha consumición de bar. Unha cita ineludible para tódalas idades para despedir as festas na vila do Támega.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
I GALA PREMIOS AO COMERCIO
Verín premia o traballo do comercio de proximidade
CITA CONSOLIDADA
Verín une comida y cerveza en su particular Oktoberfest
PROYECTO EUROPEO
Galicia y Portugal refuerzan la unión contra el fuego
JUICIO EN OURENSE
Condenado un grupo criminal por traficar con droga en Verín
Lo último