DESCARTAN EL CIERRE
Desacuerdo político por la gestión del Hospital de Verín
EVENTO DE DÍA
O Extruga Festival deu comezo o sábado á mañá cun escape room urbano na Praza do Concello, organizado por Camiñando Cara Atrás, o proxecto da historiadora e futbolista Ana Rivera, arredor dos xesuítas.
Ao mesmo tempo, a Praza Maior acolleu un obradoiro de break dance mentres que o Bar Zurria se animaba coa sesión vermú a cargo de Revolutionary Brothers ft. King Konsul.
Á tarde, A Preguiza foi o corazón do festival, cheo de actividades: un obradoiro de parkour para a cativada, as batallas de rap da man da Ceiba Rimas, a Liga Xunta de break dance e o obradoiro de Livrecorte.
Tamén houbo mercadiño, e as foodtrucks funcionaron ata ben entrada a madrugada.
Pero o prato forte foron os concertos á noite, desta vez de balde, que fixeron vibrar ao público. Polo escenario pasaron artistas como 9Louro, Kid Mount, Largo da Cumbia, o verinense Pappaquino, El Virtual, OBF & Sr. Wilson e Gea.
Unha noite chea de ritmo que reafirma o Extruga Festival como referente en Verín e Galicia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DESCARTAN EL CIERRE
Desacuerdo político por la gestión del Hospital de Verín
MÁS DE 20 CALLES
Verín invertirá un millón en asfaltar sus vías principales
PREMIOS DE AEVER
Una nueva gala premiará la labor del comercio local de Verín
Lo último
XESTIÓN DO TERRITORIO
A Casa Vella de Amiadoso, en Allariz, une cultura e ecoloxía para protexer o agro