“Ondas Mur”, o CIM de Verín estrea un podcast sobre corresponsabilidade
CONCILIACIÓN FAMILIAR
O Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín vén de anunciar o seu novo podcast tras varios meses de traballo
Baixo o nome “Ondas Mur”, no podcast do CIM darase información das actividades e proxectos que están en marcha nos concellos de Castrelo do Val, Verín e Vilardevós e do propio CIM relacionados coa corresponsabilidade e a conciliación familiar e laboral.
O primeiro programa do podcast, que está dirixido pola xornalista Sole Figueroa, ten por obxectivo dar a coñecer de cerca o propio CIM, como funciona, quen traballa nel e as iniciativas que se tratan de impulsar cada ano. Tamén se fala dos programas de ocio educativo do Centro de Desenvolvemento Rural (CDR) Portas Abertas e da ludoteca da Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (Femuro).
Nos episodios tamén se poden escoitar as opinións de pais e nais usuarios, mesmo dos seus cativos, coñecendo nas conversas as súas opinións sobre a corresponsabilidade e como se aplica na súa vida. O segundo programa está centrado no Concello de Castrelo do Val e o seu programa de conciliación, e os seguintes xa están en marcha en Verín e Vilardevós. En total, nestes primeiros episodios escoitaranse as voces dunha quincena de homes e mulleres.
Dispoñible en redes
Os primeiros programas poderanse escoitar a través das ligazóns no Instagram (@mancoverincim) e na canle de YouTube do CIM de Verín (@c.i.m.comarcaverin1319). As responsables do CIM animan a participar nestes podcast e a enviar opinións e ideas a través do correo: podcastondasmur@gmail.com. Esta iniciativa está financiada pola Consellería de Política Social e Igualdade e o Ministerio de Igualdade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MÁS DE 20 CALLES
Verín invertirá un millón en asfaltar sus vías principales
PREMIOS DE AEVER
Una nueva gala premiará la labor del comercio local de Verín
Lo último
PIDEN FINANCIACIÓN ESTATAL
Galicia recibirá a ocho menores desde Ceuta esta semana y la Xunta avisa: "Estamos al límite"