CUATRO VIVIENDAS DESALOJADAS
El Concello de Verín realoja temporalmente a los afectados por el incendio que calcinó el tejado de un edificio
CANTOS DE TABERNA
Este ano volverá haber actividades para público de tódalas idades e porase o foco nun dos sinais de identidade da música de raíz, o seu carácter comunitario, cunha homenaxe ás persoas que manteñen viva a música tradicional dende a resistencia cotiá.
Este venres a xornada comezará cunha actividade infantil de xogos e música na que participarán a ludoteca municipal, Cruz Vermella e Femuro.
Á tarde, a música desprazarase a espazos de coidado e memoria, como o centro de día Solleira e a residencia Fogar de Santa María, onde Nova Era compartirá unha foliada pensada para espertar lembranzas, emocións e conversas. Un xeito de recoñecer e celebrar a transmisión cultural entre xeracións.
O sábado chegará un dos momentos máis agardados, os Cantos de Taberna, cunha ruta musical dende as 20,30 horas que percorrerá diferentes establecementos do centro da vila da man de grupos como Candaira, A Flor da Xesta, Cantarela do Riós e a propia Nova Era.
Colaboran os locais 12 1/2, Viñoteca Gandainas, A Peixería, Botánico, Tapería Rúa Maior, Oh Caruso e O Enredo, que volverán converterse en puntos de encontro entre música, veciñanza e visitantes.
Dende Nova Era apuntan que estas Xornadas Culturais forman parte da programación anual coa que buscan “achegar a música tradicional á cidadanía, reivindicando a súa vixencia e capacidade de unión nun contexto no que Galicia vive un rexurdir do orgullo pola súa cultura popular”.
A iniciativa aposta pola música como “ferramenta de encontro e identidade”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CUATRO VIVIENDAS DESALOJADAS
El Concello de Verín realoja temporalmente a los afectados por el incendio que calcinó el tejado de un edificio
riesgo de desprendimientos
Dos personas hospitalizadas tras un incendio que obligó a desalojar un edificio en Verín
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este martes, 3 de noviembre
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: martes, 3 de noviembre