CUATRO VIVIENDAS DESALOJADAS
El Concello de Verín realoja temporalmente a los afectados por el incendio que calcinó el tejado de un edificio
UBICACIÓN
Segundo os populares, agora o grupo de goberno PSOE-BNG ten previsto ubicar a escola infantil no espazo “das actuais piscinas municipais na Granxa”, no canto do patio interior do CEIP Princesa de España, cuxa desafectación xa foi aprobada nun pleno.
Para o PP, esta decisión pon “en perigo” os fondos concedidos pola Xunta para a construción da gardería “hai 8 meses”, e que deben xustificarse “antes do 5 de decembro”.
Ademais, de levarse a cabo as obras, estas non poderían iniciar “ata setembro, cando a veciñanza deixa de desfrutar das piscinas”, e agardan que a escola infantil non supoña “derrubar as piscinas actuais”. Porén, esta situación expón para o PP a “desidia, improvisación e falta de xestión do bipartito”.
Os populares comentaron ademais un informe elaborado pola intervención e tesourería do Concello a raíz da liquidación do orzamento, na que se poñen de manifesto “numerosas irregularidades no ámbito económico”, e apuntaron a que se aproban recoñecementos de crédito “sen ter achegas nin fondos para pagalas”.
Amosan a súa preocupación, xa que o informe “evidencia” que a interventora e a tesoureira “non teñen acceso a toda a documentación nin poden fiscalizar porque os órganos xestores non colaboran con elas”.
Lembraron asimesmo un escrito remitido por Facenda, no que advertía que o Concello “non cumpre co periodo medio de pago a proveedores”, carece “dun plan de tesourería” e aumenta “a débeda viva”, malia que “non se lle envía a documentación, nin fielmente nin en prazo”.
Por todo isto, solicitaron de novo a “intervención” de Facenda, dado que isto “ímolo pagar todos”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CUATRO VIVIENDAS DESALOJADAS
El Concello de Verín realoja temporalmente a los afectados por el incendio que calcinó el tejado de un edificio
riesgo de desprendimientos
Dos personas hospitalizadas tras un incendio que obligó a desalojar un edificio en Verín
Lo último