CUATRO VIVIENDAS DESALOJADAS
El Concello de Verín realoja temporalmente a los afectados por el incendio que calcinó el tejado de un edificio
PROPOSTA PIONEIRA
O Club Val do Támega, entidade verinense de recente creación que ten o atletismo como eixo principal, organiza a I San Silvestre da vila, unha quedada aberta para correr en grupo, sen necesidade de inscrición previa, clasificacións nin tempos oficiais.
Inspirada nas tradicionais San Silvestres, a actividade concíbese como unha quedada de fin de ano para correr en grupo, desfrutar do deporte en compañía e despedir o ano dun xeito diferente, sen vocación competitiva.
“Esta San Silvestre é un convite aberto a quen se anime a saír á rúa, incluso con disfraces de Nadal, para despedir o 2025 como máis nos gusta: correndo un pouco e compartindo o momento”, sinalan os promotores.
A xornada arrancará ás 11,30 horas no bar e colaborador Enredo. A San Silvestre estruturarase en tres saídas segundo distancias e ritmos. A primeira será ás 12,00, cun percorrido de 9 quilómetros ata Tintores. Ás 12,10 sairá o segundo grupo, cun trazado de 5 quilómetros ata Vilela, e ás 12,00 horas farase a terceira e última saída, cun percorrido máis curto ata A Pousa (3 quilómetros). Cada un dos grupos estará guiado por membros do Club Val do Támega, que acompañarán o percorrido e indicarán o camiño.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CUATRO VIVIENDAS DESALOJADAS
El Concello de Verín realoja temporalmente a los afectados por el incendio que calcinó el tejado de un edificio
riesgo de desprendimientos
Dos personas hospitalizadas tras un incendio que obligó a desalojar un edificio en Verín
Lo último