riesgo de desprendimientos
Dos personas hospitalizadas tras un incendio que obligó a desalojar un edificio en Verín
REUNIÓN CON AEVER
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, reuníronse este venres coa nova directiva da Asociación de Empresarios/as de Verín (Aever CCU), presidida por Esther Gómez Pato, e coa presenza da directiva saínte, con Santos Álvarez como presidente e José Ángel Rodicio como xerente, aos que recoñeceron a súa traxectoria, así como da nova xerente, Lucía Aparicio, da concelleira de Comercio, María Isabel Fernández, e do deputado Víctor Baladrón.
González puxo en valor o traballo continuado de Aever co apoio da Xunta, cunha intensa programación anual de campañas e actividades, como as accións de Nadal, a festa do Lázaro, accións formativas e servizos dirixidos aos seus asociados. Ademais, salientou o papel fundamental que xogan os centros comerciais abertos na “dinamización económica e social das vilas e cidades galegas”.
O conselleiro aproveitou a visita para coñecer dous establecementos adheridos á asociación: a tenda-taller Coser e Cantar e o comercio de alimentación Frutas Carola. exemplos da diversidade, calidade e riqueza do comercio de proximidade verinense.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
riesgo de desprendimientos
Dos personas hospitalizadas tras un incendio que obligó a desalojar un edificio en Verín
Lo último