SEGUNDO FUEGO DEL DÍA
Apagado el incendio forestal con dos focos en Cardoso, Viana do Bolo
ENTREVISTA
O fotógrafo Roberto de la Torre leva máis de dúas décadas retratando a tradición ancestral do Entroido e das súas máscaras. Durante este proceso, converteuse nunha figura moi apreciada polas xentes vinculadas a esta celebración no Macizo Central: os veciños das aldeas. Agora, parte do seu traballo chega ata Padua, Italia, para protagonizar unha exposición organizada polo Centro de Estudos Galegos de Padua que se encontra ubicada no corredor do Complesso Beato Pellegrino DiSLL da Universidade de Padua ata o vindeiro 14 de febreiro.
Pregunta. Como xurdiu esta iniciativa?
Respuesta. Xurdiu grazas a Pedro Basalo, un mozo de Viana do Bolo e gran oficiante do Entrudio, que traballa no Centro de Estudos Galegos en Padua -unha institución cultural ligada á universidade e financiada pola Xunta de Galicia-. Pedro coñece dende hai anos o meu traballo de documentación e a miña forma de fotografar con rigor e respecto as tradicións. Propúxollo a Rachele Fassanelli, que é a directora do centro, e puxérono en marcha. A verdade é que é unha sorte contar con organizacións como esta, que axudan a proxectar a lingua e a cultura galegas polo mundo adiante.
P. Cantas fotografías poderán encontrar os visitantes e que representan estas?
R. Trátase dunha mostra de cincuenta fotografías, unha escolma de diferentes formas de entender o Entroido galego, no só máscaras, tamén os rituais e as súas peculiaridades que o fan tan especial.
P. Que supón para vostede que o seu traballo viaxe ata o país italiano?
R. O meu traballo sobre o Entroido leva viaxado moito en diferentes proxectos fotográficos. Estivo exposto en Chicago (EEUU), Dinamarca, Bulgaria, Francia e agora Italia. Que se poña en valor a nosa cultura tradicional fóra das nosas fronteiras faime sentir, se cabe, un maior orgullo, o privilexio de ter podido formar parte delo, vivindo situacións únicas e documentando cousas excepcionais. Tamén me fai reflexionar sobre si en España o valor que se lle outorga ao Entroido Galego é o suficiente, xa que é onde menos veces estivo exposto.
P. Cal é a relación que garda vostede co Entroido destes municipios?
R. Sempre digo que o mellor documento non o levo na cámara, levoo dentro de min. No camiño atopo xente boa, amable e afectuosa, a fotografía abre moitas portas a facer amizade con os verdadeiros protagonistas do Entroido: os oficiantes, os que forman parte e o fan de corazón por amor a súa sinal de identidade. Respéctoos moito e os admiro, procuro vivir a experiencia dende dentro, entender a importancia deste período do ano e do que significa para eles. Procuro tamén non interferir coa miña presencia coa cámara, ser amable e non molestar, mellor ser recordado por boa persoa que por bo fotógrafo.
P. Notou que o Entroido cambiou nestes últimos anos ou considera segue a manter a esencia tradicional?
R. O Entroido é un conxunto de rituais e celebracións litúrxicas que se comportan coma un fenómeno vivo, que evoluciona cada ano, por iso, é normal que mude as formas de expresar e celebrar. Levo xa dezaoito anos traballando en fotografía documental do Entroido en Galicia e si que notei que estes últimos anos, sobre todo logo da pandemia, surxiu unha “febre de Entroido” onde se cadra, estase a promover coma un produto de consumo turístico, deixando de lado o seu carácter íntimo da comunidade, reservado para os veciños das aldeas, e facendo un espectáculo para “os que veñen de fora”. Esta situación repercute inevitablemente na forma na que é celebrado e perde certo carácter xenuíno. Onde antes había decenas de persoas, agora hai centos.
P. Cal será logo o futuro do Entroido?
R. Namentres nas aldeas e nos pobos quede xente con ganas de facer as cousas, con corazón, sentimento e cabeza, e que queiran celebrar as súas tradicións do Entroido -veñan os de fora ou non- o Entroido seguirá vivo. O maior inimigo do Entroido non é o turismo e as masificacións que o comercializan, nin os desfiles, nin a ignorancia por parte das administracións. O maior inimigo do Entroido é a despoboación. Onde non hai xente non hai Entroido, non hai vida nin hai nada.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SEGUNDO FUEGO DEL DÍA
Apagado el incendio forestal con dos focos en Cardoso, Viana do Bolo
"MASCARIÑA, MASCARONA"
Máscaras y talento infantil en Viana do Bolo
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Una persona de avanzada edad herida al ser atropellada en Viana do Bolo
Lo último