O arranxo da carretera de San Agostiño será en outono
O proxecto, adxudicado pola Diputación provincial, conta cun investimento de 1.125.119 euros
A Deputación de Ourense adxudicou as obras da estrada de San Agostiño. Segundo explicou o deputado de Cooperación, Pablo Pérez, as obras poderían comezar este outono, “sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan, pois estamos a falar dun territorio cun clima cada vez máis adverso para este tipo de traballos segundo nos achegamos ao remate do ano”.
Será unha UTE formada por Petrolam Infraestruturas S.L. e Áreas Infraestruturas S.A a encargada de executar este proxecto que conta cun investimento de 1.125.119 euros, que será levado a cabo en tres tramos. Cunha lonxitude total que supera os 24 quilómetros, o proxecto inclúe a renovación e regularización do firme, acondicionamento e limpeza das cunetas, roza das marxes, nova sinalización horizontal e vertical e a instalación de elementos de seguridade viaria. Segundo anunciou Abelardo Carballo, alcalde do municipio. Coincidindo coa execución da obra, a entidade local levará a cabo o acondicionamento e mellora dos sistemas de abastecemento de luz, auga e internet nas viviendas que se encontran no inicio do tramo desta vía, entre Viana do Bolo e a aldea de Punxeiro.
Coa adxudicación das obras “damos un paso definitivo para facer realidade un proxecto no que desde o primeiro momento a Deputación de Ourense demostrou o seu compromiso, liderando unha comisión de negociación xunto con Endesa -empresa propietaria da estrada- e os representantes dos grupos municipais”, destacou Pérez. O diálogo entre todas as partes, engadiu, “permitiu dar a resposta que demandaba desde hai tempo a veciñanza, polo que a satisfacción do resultado neste proceso non pode ser maior”.
A empresa eléctrica faríase cargo do 50 % do custo das obras -preto de 600.000 euros-, mentres que a Deputación de Ourense e o Concello de Viana do Bolo achegarían o 50 % restante a partes iguais. Tralo remate das obras a estrada pasará a ser titularidade do concello.
É a segunda vez que se leva a cabo o proceso, xa que un erro detectado nas bases para sacar a concurso a obra fai catro meses, fixo que o proceso de contratación tivera que ser reiniciado e agora, unha vez rematado de novo, a estrada de San Agostiño estará acondicionada antes de mediados do próximo ano.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PATRIMONIO SINGULAR
Una ruta al Foxo de Lobo abrió el “Rebrota Silbina” en Viana
GASTRONOMÍA Y NATURALEZA
Programa y actividades de Rebrota Silvina
Lo último
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIO
Dicotomías habitacionales
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este martes, 29 de septiembre
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: martes, 29 de septiembre
GUERRA EN ORIENTE MEDIO
EEUU avisa de que la Armada iraní ya no controla Ormuz