REPRESENTANTES DEL PP
“Non queremos caer no olvido”, claman los vecinos da comarca de Viana tras las riadas
CICLO DO PAN
Por quinto ano, A Mezquita celebrou o pasado luns a súa Festa da Malla, na que se levou a cabo esta parte do ciclo do pan. Nos anos 60 e 70 a malla era, máis que unha tarefa, un dos encontros sociais máis esperados de todo o ano.
Veciños e voluntarios, vestidos ao xeito tradicional, con camisas brancas e panos vermello, mallaron á tarde na Aira do Verano.
“Para mallar, hai que segar o pan e deixarlle o grao. Aquí ségase cunha máquina máis tradicional, que emprega uns elementos pequenos chamados ‘mollos’. Despois de facer a sega, átase a palla. E por último faise a carrexa, que consiste en apañar a palla, neste caso nós facémolo nos remolques”, explica Rafael Pérez, alcalde do Concello.
A recuperación deste labor tradicional permite elaborar pan orixinario do municipio, cun proceso 100% artesanal, e que a veciñanza puido degustar este ano na V Feira de Artesanía “Artesanato”.
O Concello da Mezquita leva catro anos realizando o ciclo do pan de forma tradicional, grazas ao cultivo de centeo local, cuxo grao está cientificamente datado coma o máis antigo da Península Ibérica.
A velada estivo amenizada polo grupo Tanto. Ademais tamén houbo unha demostración da elaboración de gorros de palla tradicionais, “sancosmeiros”, por parte de Trenzarte.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
REPRESENTANTES DEL PP
“Non queremos caer no olvido”, claman los vecinos da comarca de Viana tras las riadas
RETIRADAS DE ESCOMBROS
A Bouza avanza “poco a poco” hacia su nueva normalidad tras las riadas
Lo último
VIRXE DA LUZ
Festa da Luz y Danza das Cocas en Santa Tecla
RESPONSABLE DE LA WEB DEL DSN
El Gobierno cesa a un cargo del Departamento de Seguridad Nacional tras publicar la cifra de entradas a Ceuta