REPRESENTANTES DEL PP
“Non queremos caer no olvido”, claman los vecinos da comarca de Viana tras las riadas
O Concello da Mezquita ven de ver refrendadas nos Xulgados do Social as propostas para establecer quendas de fin de semana –un fin de semana de cada catro- na atención aos usuarios do servizo de axuda no fogar e atención á dependencia. A proposta da entidade local, que xa fora aceptada pola maioría das traballadoras, foi considerada “adecuada a legalidade” e ao sinalado no Estatuto dos Traballadores.
As demandas xudiciais presentadas por algunhas das traballadoras foron desestimadas. Cubrirán así un fin de semana de cada catro descansando permanentemente dous días a semana e mantendo a xornada semanal de 37,5 horas.
A reorganización “ven motivada pola renuncia do persoal que anteriormente realizaba, de xeito voluntario, as fins de semana así como polo incremento constante e previsible no número de casas a atender”, explican dende a entidade local.
O servizo é xestionado directamente polo concello, e conta con oito traballadoras, ademais da contratación temporal para cubrir baixas e vacacións. Actualmente aténdense a un total de 40 usuarios nos diferentes pobos da localidade.
Dende a entidade local valoran “moi positivamente esta resolución xudicial contra a que non cabe ningún recurso”. “Aclarase así que a actuación da entidade cumpre coa legalidade contemplada no Estatuto dos Traballadores e está axustada a dereito, desestimando as demandas presentadas”, engaden dende o Concello.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
REPRESENTANTES DEL PP
“Non queremos caer no olvido”, claman los vecinos da comarca de Viana tras las riadas
RETIRADAS DE ESCOMBROS
A Bouza avanza “poco a poco” hacia su nueva normalidad tras las riadas
Lo último
TURISMO EXTRANJERO AL ALZA
Gráfico | España atrajo hasta junio a casi 46,6 millones de turistas
RECAUDACIÓN DE FONDOS
Galería | A Arnoia se vuelca con la Fundación Diego Rivas, en fotos