Galería | O legado de Otero Pedrayo, patriarca das letras galegas
VIDA
No Foro la Región sobre o legado de Otero Pedrayo desenvolvéronse dúas mesas redondas para seguir afondando na obra do escritor
O IES Ramón Otero Pedrayo de Ourense acolleu a xornada “Vixencia e legado de Ramón Otero Pedrayo: diálogo e reflexión contemporánea” durante a que se desenvolveron dúas mesas redondas para seguir afondando na obra do escritor.
Nunha das mesas, baixo o nome de “Don Ramón Gráfico e camiñante”, fíxose unha especial abordaxe da “Guía de Galicia”, dado que durante 2026, se conmemora os 100 anos da súa publicación, e nela participaron Pablo Sánchez, director do Arquivo Histórico Provincial; Daniel Lorenzo, director do IES Otero Pedrayo de Ourense, e Nerea Rodríguez, exalumna do IES.
Na segunda mesa, abordouse a temática “Don Ramón epistológrafo, orador e articulista”, con Patricia Arias, profesora, filóloga galega; Xosé Eduardo López, presidente da Fundación Otero Pedrayo, e Maribel Outeiriño, xornalista, que abordou algúns dos artigos publicados polo escritor en La Región.
O acto foi moderado por Antonio Nespereira, e contou coa presenza de Valentín García, secretario xeral da Lingua da Xunta, Rosendo Fernández, deputado de Relacións Institucionais da Deputación e Miguel Santalices, presidente do Parlamento.
Contenido patrocinado