VIDA

VIDA | O Gran Camiño, con Alba Prol e Raúl García

Durante algo máis de dous anos Alba Prol e Raúl García dedícaronse a andar. En sentido físico, pero tamén mental. Un exercicio de corpo e alma que, xunguindo as súas paixóns, mochila ás costas e cámara na man, os levou a percorrer catro dos grandes camiños do mundo: o Pacific Crest Trail, o camiño inca a Machu Picchu, o Kumano Kodo e o Camiño de Santiago. O resultado? "O Gran Camiño"