16 DE SEPTIEMBRE
La exposición “Fauna esencial” llega a Vilar de Barrio este mes
Homenaxe
A plataforma veciñal de Vilar de Barrio, Maús, Arnuide, Borrán, Porto e Rebordechao solicitáronlle ó presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, que lle dediquen unha rúa o defunto alcalde do Concello, Julio Pérez Carballo. Pérez Carballo foi alcalde do Concello dende o ano 1983 ata o 2019. Xermán Estévez, representante da plataforma veciñal, explicou que era un home “moi apreciado e moi comprometido cos veciños”, e solicitan que se lle poña o seu nome á rúa de San Fiz, en Vilar de Barrio, competencia da administración provincial.
Os méritos “humanos e políticos” que os veciños destacan inclúen que nunca percibiu un salario pola súa xestión durante os seus 36 anos de mandato, e que incluso facía de aval para sacar adiante proxectos, algo que “hoxe é impensable”. “Este home marcou unha época no Concello”, continuou o representante, facendo fincapé en que o ex-alcalde logrou a traída de auga corrente ás aldeas, o servizo de bombeiros forestais, a participación no parque comarcal de Xinzo, o impulso do regadío da Limia, a creación das redes de internet e ser o impulsor e creador da festa da pataca de A Limia, entre outros moitos méritos.
Xermán Estévez aclarou que “non hai que ter un master en Harvard para prestar boa atención á cidadanía e se che faga un recoñecemento por iso”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
16 DE SEPTIEMBRE
La exposición “Fauna esencial” llega a Vilar de Barrio este mes
POLINIZADORES
A serra de San Mamede florece coa lembranza
ELECCIÓNS MUNICIPAIS
O PP propón facer unha xestora en Vilar de Barrio
Lo último
INMUNIZACIÓN DE LOS NIÑOS
Vacunación de gripe y covid en Ourense 2026: cuándo empieza, quién puede vacunarse y dónde
PREVISIÓN DEL TIEMPO
Ourense encara un fin de semana de calor con hasta 35 grados de máxima