Vilar de Santos consolida a súa Festa da Arracada
FESTA CASTREXA
Vodas castrexas e cerimonias do lume animaron a segunda edición
A aldea de Saa, en Vilar de Santos, viaxou por unha tarde moitos séculos atrás grazas a un nutrido grupo de castrexos de tódalas idades, no marco da II Festa da Arracada, nomeada así trala xoia da ourivaría castrexa atopada no concello. Esta iniciativa, organizada polo Concello e na que colabora a asociación cultural Civitas Limicorum, celebrou así o legado castrexo local.
Desta vez as actividades xiraron arredor do Beltaine (“bo lume” en gaélico), unha celebración castrexa ligada ao solsticio do verán e representada por unha novidosa cerimonia do lume que pechou a velada. Antes diso houbo xogos tradicionais, celebráronse vodas segundo os ritos castrexos, e non faltou a música ao vivo a cargo do quinteto tradicional limiao Lirolaio.
Por se todo isto fora pouco, os asistentes desfrutaron asimesmo dunha cea popular a base de churrasco.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
Parricidio en El Palmar
Mariluz Villar
MUJERES
Hablar con Sophia
MANUEL FERRADÁS
Ferradás: una estirpe a golpe de cuchillo en O Carballiño
INVCITOS COMO LOCAL
Atlético Arnoia a seguir fuertes en casa ante el Pontevedra B