AGENDA COMPLETA
Xinzo vive el último día de las Fiestas de Santa Mariña
XIV EDICIÓN
Detalles del evento
Xinzo de Limia reforza a súa irmandade coa vila portuguesa de Ponte de Lima coa XIV edición do “Abrazo ao Río Limia”, unha da iniciativa que reunirá os días 15 e 16 de xuño de 2026 a máis de mil cativos dos centros educativos da Limia e de Ponte de Lima.
O encontro, promovido pola Concellería de Educación e Cultura de Xinzo, reforza ano tras ano os vínculos históricos, culturais e humanos entre ambos territorios unidos “polo mesmo río e por unha fonda relación de irmandade”. Nesta edición participarán os CEIP Rosalía de Castro, CEIP Carlos Casares, CEIP Plurilingüe Carlos Cid Arregui, CEIP Plurilingüe dos Blancos, CEIP Sandiás, CEIP Sarreaus, así como o Centro Educativo de Refoios e a EB1 de Ponte de Lima.
A programación deste XIV Abrazo ao Río Limia contará cun preludio o domingo 14 de xuño coa actuación do Grupo Cultural e Recreativo de Danças e Cantares de Ponte de Lima, que ofrecerá unha mostra da música e do folclore tradicional portugués. Este intercambio cultural terá tamén a súa réplica na vila portuguesa coa actuación da Banda de Gaitas de Trasmiras.
O alumnado portugués chegará o 15 de xuño e participará nun amplo programa de actividades durante dúas xornadas, destacando as visitas ao festival de xardíns de Allariz, ao Centro de Interpretación de Aquis Querquennis, ao Museo Galego do Entroido e ao nacemento do río Limia.
O acto central desenvolverase o martes 16 de xuño as 11,00h nás beiras do Limia na vila limiá, onde os participantes protagonizarán o abrazo simbólico ao río, acompañado pola Banda de Gaitas de Xinzo. A iniciativa incluirá unha plantación nos Xardíns do Limia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
AGENDA COMPLETA
Xinzo vive el último día de las Fiestas de Santa Mariña
FIESTAS POPULARES
Xinzo retrasará actuaciones por la final del Mundial
COLABORACIÓN FUNDAMENTAL
Xinzo colaborou con “Un alento de vida” no verán
Lo último
PLAN ESTATAL CONTRA LA CORRUPCIÓN
¿Qué cambia con la nueva Ley de Integridad Pública? Más control a los partidos, penas más duras y una agencia anticorrupción
MÁS DEPORTE
La doma clásica hizo parada en Sandiás
GOLPES EN LA CARA
Deberá pagarle las gafas que le rompió en una pelea en Baños de Molgas