AGENDA COMPLETA
Xinzo vive el último día de las Fiestas de Santa Mariña
Recreación histórica
Xinzo de Limia continuou o seu regreso ó pasado nunha xornada ateigada de actividades, na que non faltaron nin música, nin xogos, nin os desfiles.
Sen dúbida, un dos momentos destacados do “saturnii” foi a Recepción de autoridades e tropas estranxeiras, un acto protocolario que se acompaña ca entrega dos Premios Bispo Idacio.
Recibíronse ás tropas de Lucus Augusti, Asturica Augusta e Cartago Nova, ademais dos representantes de outras festas de recreación histórica, como a Feira Medieval de Mondoñedo ou o Arde Lucus, xunto cos representantes da Asociación Española de Fiestas y Recreación Histórica.
Nas verbas dos interlocutores primaron as felicitacións e agradecementos. Felicitacións por estes 25 anos, que malia que non foron doados, permitíronlle ós limiaos manter a lembranza duns feitos que marcaron o seu porvir.
E agradecementos dos moitos invitados a este Annus Argenteus, xa que a Festa do Esquecemento non só é das primeiras que se adscribiron á asociación de recreación histórica, senón que grazas a ela deron comezo outras moitas, como o Arde Lucus.
Nunha cousa coincidiron tanto Antonio Madrid, o presidente da asociación española de recreación, e Amador Díaz, alcalde de Xinzo de Limia, e é que “non se entende como a Festa do Esquecemento aínda non foi declarada de Interese Turístico”. Apuntárono ambos.
Pola súa banda, a Civitas Limicorum tampouco se esqueceu de nada destes 25 anos: nin dos seus socios, nin dos seus triunfos, nin das dificultades.
Este ano, o premio Bispo Idacio recibírono de forma colectiva tódalas persoas que participaron na organización da festa ó longo destes anos. Foi un acto cheo de bágoas para recordar ós que xa non están presentes pero sempre formarán parte da historia de Xinzo, e no que se reflectiu o incansable traballo de unha morea de persoas que apostaron por protexer e manter viva unha parte inequívoca da identidade limiá.
Xa logo do xantar, volveu comezar a programación: xogos olímpicos, pasarrúas, concertos, espectáculos itinerantes, gladiadores... Ata chegar ás 20,00 horas, cando as lexións de Décimo Xuño Bruto percorreron a vila, antes de que comezase o Gran Circo Romano.
Facía máis dunha década que a Limia non acollía este espectáculo, que fixo o deleite de máis dun milleiro de asistentes ansiosos por ver ós grandes gladiadores baterse -case- a morte e as perigosas carreiras de cuadrigas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
AGENDA COMPLETA
Xinzo vive el último día de las Fiestas de Santa Mariña
FIESTAS POPULARES
Xinzo retrasará actuaciones por la final del Mundial
COLABORACIÓN FUNDAMENTAL
Xinzo colaborou con “Un alento de vida” no verán
Lo último
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy, domingo 26 de julio